Home » coruna » Currently Reading:

O goberno local primará, na contratación dun crédito de 7,9 millóns, as entidades financeiras que non executan desafiuzamentos na cidade nin realizan actividades en paraísos fiscais

mayo 9, 2018 coruna No Comments

​A Xunta de Goberno local, reunida  en sesión extraordinaria, deu luz verde ao prego de condicións administrativas que rexerán o contrato de préstamo que o Concello ten previsto asinar para o financiamento de investimentos dos Orzamentos Municipais de 2018 por un importe de 7,9 millóns de euros. Entre os criterios recollidos que determinarán a selección da entidade adxudicataria, ademais da propia oferta da operación financeira, o executivo municipal terá en conta, de xeito especial, o compromiso da compañía coas políticas sociais de vivenda e contra os desafiuzamentos, así como o feito de que non teña incorrido en ningunha actividade delictiva en zonas consideradas paraíso fiscal.

A concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, indicou que o Concello pode acudir a esta operación de endebedamento grazas a súa saneada situación financeira e a que pechou a liquidación do pasado ano cumpríndo cos niveis de débeda e indicadores económicos esixidos. Neste extremo, Vieito recordou que a finais do ano pasado, o Concello da Coruña rexistraba unha débeda viva de 63,8 millóns de euros, a máis baixa da década, e case e case 10 millóns por debaixo da contía rexistrada a peche de 2016. Ademais, as contas do pasado exercicio rexistran un aforro neto de 27 millóns de euros “que pon de manifesto a capacidade que ten a administración local de autofinanciarse a nivel de gasto corrente”, así como un superávit 18,3 millóns de euros, fronte aos 27,4 millóns acadados un ano antes.

As cláusulas recollidas no prego de condicións para a adxudicación da operación de endebedamento valoran con 10 puntos adicionais ás entidades que non teñan promovido no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 30 de abril de 2018 ningunha execución xudicial ou extraxudicial de préstamo ou crédito con garantía hipotecaria concedido para a adquisición de vivendas ubicadas no termo municipal da Coruña que constitúan a residencia habitual da persoa debedora. Igualmente, entre os requisitos das cláusulas explicítase a necesidade de que as entidades bancarias “non teñan promovido lanzamentos derivados da execución do préstamo ou crédito con garantía hipotecaria de persoas debedoras residentes na Coruña que se atopen nalgún suposto de vulnerabilidade”. Tamén se terá en conta á hora da adxudicación o número de vivendas postas a disposición de administracións públicas coa finalidade de ser destinadas a alugueiro social dentro da cidade.

“Ademais, nos pregos de contratación incluímos un requisito necesario para a admisión de ofertas, que radica na necesidade de que a entidade que se presente ao proceso de licitación se adhira ao Código de Boas Prácticas para a reestruturación viable das débedas con garantía hipotecaria sobre a vivenda habitual”, comentou.

Por outra banda, entre os requisitos que se recollen no prego de condicións para presentarse á licitación inclúese a esixencia de non ter realizado operacións financeiras en paraísos fiscais (segundo a lista de países elaborada polas Institucións Europeas ou avalada por estas ou, na súa falta, polo Estado español) que sexan consideradas delitivas nos termos legalmente establecidos –branqueo de capitais, fraude fiscal ou contra a Facenda Pública–, unha condición que tamén deberá acreditarse mediante declaración responsable. No caso de realizar actividades legais nun paraíso fiscal, as licitadoras deberán presentar unha memoria descritiva das mesmas, na que se inclúa o país, actividade e volume de negocios, que poderá ser publicada no Perfil do Contratante.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...