Home » coruna » Currently Reading:

O goberno local ratifica o seu compromiso co deporte de base e dálle luz verde ás obras que permitirán dotar de subministro eléctrico os Campos de San Pedro de Visma

noviembre 2, 2017 coruna No Comments

A Xunta de Goberno Local deste venres dará vía libre á apertura do procedemento de adxudicación das obras mediante as que o Concello dotará de subministro eléctrico os Campos de San Pedro de Visma, realizados pola Federación Galega de Fútbol en base a un convenio asinado coa administración local. En concreto, o executivo municipal autorizará un gasto de 179.615 euros co que se levará a cabo a contratación das obras comprendidas no proxecto de acometida de media tensión, que pasan pola retirada dunha liña eléctrica que está sobre un dos campos, así como a colocación dun centro de transformación e o consecuente subministro de electricidade en toda a instalación. O concelleiro de Deportes, José Manuel Sande, indicou que “aínda que esta actuación non é competencia do goberno local, o noso compromiso co fomento da práctica deportiva e coas entidades de base nos levou a acometerestaobracoaquefavorecemosaprontaaperturaaopúblicodestasinstalacións”.

Non obstante, o concelleiro indicou que “para que os campos de Visma queden a disposición da cidadanía é necesario que a Federación Galega de Fútbol legalice e garanta a seguridade nestas instalacións deportivas, algo ao que xa se comprometeu con nós de forma recente”. “Non podiamos dar o visto bo a unha obra que non cumpría parámetros de legalidade. Neste momento, e logo de distintas conversas, a FGF comprometeuse a abordar canto antes, e así o está facer, os cambios necesarios no proxecto, de forma que prevemos poder legalizar e abrir ao público de xeito inminente”, comentou o edil. Entre as actuacións que o Concello reclamaba figuraban, por exemplo, a instalación dun grupo electróxeno que garantise o subministro de reserva, así como a substitución do grupo de presión antiincendios, ao no cumprir o actual coa normativa de aplicación.

“O compromiso do goberno local co deporte é patente. Ao longo do mandato municipal non só temos incrementado as liñas de axuda ás entidades de deporte de base, senón que temos ampliado e mellorado as instalacións deportivas da cidade. Os Campos de Visma non son un regalo da Federación Galega de Fútbol á cidade, senón que se trata dunha contraprestación pola cesión de uso privativo dunha parcela municipal. Por iso, e a pesar da nosa máxima disposición a colaborar, o que non podiamos facer de ningunha forma era abrir os campos sen que contasen coas medidas de legalidade e seguridade que ordena a lexislación vixente”, apuntou.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...