Home » Uncategorised » Currently Reading:

O goberno local reúne a cooperativas e representantes de Naturgy co obxectivo de axilizar a entrada da veciñanza no Ofimático

octubre 25, 2018 Uncategorised No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, salientou que o goberno local “segue a dar pasos firmes de cara a axilizar á entrada da veciñanza ao Ofimático”. Dentro dese obxectivo enmarcou a reunión celebrada esta mañá no pazo de María Pita por iniciativa do goberno municipal, na que o responsable de Rexeneración Urbana actuou como mediador entre a empresa distribuidora de electricidade UFD, de Naturgy, e representantes de distintas cooperativas do polígono, co obxectivo de resolver dúbidas sobre a tramitación, por parte da compañía do subministro eléctrico aos edificios destes veciños e veciñas, de cara a axilizar este proceso. O responsable municipal cualificou a xuntanza de “ produtiva” e salientou que “cada día estamos máis preto de ter a familias vivindo no Ofimático”.

“O goberno local xa recibiu todas as obras incluídas na separata do proxecto modificado número 1 do sector 10, que se remataron no mes de agosto e que son necesarias para poder outorgar as licenzas de primeira ocupación”, recordou. “Non obstante, ademais de ter listas estas actuacións, para entregar estas licenzas tamén é necesario que os edificios das cooperativas conten con subministro eléctrico”, apuntou o concelleiro. “Neste momento semella que hai vontade por todas as partes. Estamos xa moi cerca de ver veciños e veciñas dentro do Ofimático, un fito histórico, xa que estamos poñendo os vimbios para resolver un conflito que leva case 3 décadas enquistado”, manifestou.

Comment on this Article: