Home » coruna » Currently Reading:

O goberno local subscribe un convenio de colaboración do Concello de Madrid para favorecer a participación e a innovación democráctica a través de proxectos comúns

enero 21, 2018 coruna No Comments

O Concello da Coruña e o Ayuntamiento de Madrid colaborarán no desenvolvemento de proxectos comúns para favorecer a participación e a innovación democrática. Así o formalizou a edil Claudia Delso, co responsable da sociedade municipal Madrid Destino e da xestión de espazos culturais en Madrid, Marcos García, a través dun convenio de colaboración que se canalizará a través do Co-Lab e de Medialab-Praco, o laboratorio cidadán madrileño que “é un referente mundial no eido da produción, investigación e difusión de proxectos culturais vinculados ás formas de experimentación que xurdiron a través das redes dixitais”, subliña Delso. Mediante o acordo, que segundo salienta a edil é “unha oportunidade de aprendizaxe e desenvolvemento mutuo”, ambos gobernos municipais impulsarán a posta en marcha de proxectos e programas conxuntos no ámbito da participación, ademais de cooperar en programas de formación e asesoramento en cuestións relacionadas coa actividade de ambos os dous laboratorios.

Para o axeitado desenvolvemento das actividades que se xeren de maneira conxunta, ambos os dous concellos integrarán unha comisión técnica na que participará unha persoa representante de cada institución. “A posta en funcionamento dunha institución para a transformación social como o Co-Lab foi unha importante decisión para canalizar as demandas da cidadanía dun xeito diferente, ofrecendo a posibilidade de que sexa ela mesma quen detecte as necesidades do municipio e que propoña as solucións para estas demandas. Contar co apoio dunha referencia neste eido, como é Medialab-Prado, non só é unha oportunidade de aprender e medrar, senón tamén de profundar neste camiño. Temos propostas diferentes e esta colaboración favorecerá o avance e o coñecemento mutuo”, expuxo a responsable municipal coruñesa. “Os dous laboratorios teñen características especiais nas súas temáticas e proxectos, aspecto que contribúe a xerar importantes sinerxias e espazos para a colaboración”, apuntou.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...