Home » coruna » Currently Reading:

O goberno local tramita o procedemento de imposición de penalidades á adxudicataria do servizo de limpeza e conserxería de catro centros cívicos por incumprimento no pago dos salarios do seu cadro de persoal

enero 3, 2018 coruna No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados abriu o pasado mes de decembro un expediente de imposición de penalidades á entidade adxudicataria de dous contratos de conserxería e limpeza en centros cívicos da cidade por incumprimento parcial do servizo en relación á falta de pagamento do seu persoal traballador. A tramitación do expediente, que se iniciou no momento no que o goberno local “tivo constancia de irregularidades moi graves no pago das mensualidades correspondentes ao persoal traballador da adxudicataria”, segundo explica a concelleira Silvia Cameán, continuará o seu curso tras o anuncio da empresa do abandono do servizo nas últimas datas. “Esta decisión unilateral da contratista poderá supoñer a adopción de novas medidas por parte deste executivo, como son a incautación da garantía do contrato e a declaración da prohibición de contratación nun futuro”, avanza a edil.

A concelleira sinala que a tramitación do expediente por parte da súa área se iniciou ante o coñecemento, por parte do executivo municipal, da situación económica do contratista. “A situación na que se atopaba a empresa plantexaba dificultades tanto para garantir o pago puntual dos salarios do seu persoal traballador como para afrontar a prestación dos servizos contratados”, expón. “No caso da falta de pagamento ás traballadoras e traballadores, este supón un incumprimento moi grave das responsabilidades e obrigas contractuais da adxudicataria, feito que lle foi trasladado á entidade, á que se lle requiriu o pasado novembro a documentación acreditativa do abono das retribucións dos últimos meses así como a relación actualizada do persoal contratado”. “Posteriormente, e tras a apertura do expediente, no momento no que a contratista ten coñecemento que está en curso a imposición de penalidades, toma a decisión do abandono do servizo”, expón a concelleira, que avanza que o goberno local da Coruña “continuará coas accións iniciadas no seu momento contra a entidade, sen prexuízo doutras medidas que se poidan poñer en marcha unha vez resolto o contrato, como pode ser a solicitude da indemnización por danos e prexuízos ao Concello”.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...