Home » Uncategorised » Currently Reading:

O Laboratorio Cidadán organiza unha xornada aberta para que a veciñanza poida propoñer iniciativas que complementen a actividade do Co-Lab e dos seus proxectos

septiembre 28, 2017 Uncategorised No Comments

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, a través do Laboratorio Cidadán da Coruña, organizará o próximo sábado 30 no viveiro Accede Papagaio unha xornada aberta á veciñanza para propoñer e seleccionar conxuntamente as actividades que se organizarán durante este ano no Co-Lab, como complemento ao desenvolvemento dos proxectos de innovación social que formarán parte do mesmo neste 2017 “e coa finalidade de fortalecer as comunidades que se están a tecer en torno a este novo proxecto municipal”, segundo expón a edil Claudia Delso. “O obxectivo desta xornada é pensar e propoñer actividades que reforcen e melloren o traballo do Co-Lab así como axuden a dinamizar, visualizar e enriquecer o proceso que o laboratorio camiñará nos vindeiros meses”, explica a responsable municipal. As propostas escollidas uniranse aos 6 proxectos de innovación social seleccionados este ano “cuxo obxectivo común é mellorar a vida das persoas e acadar unha cidadanía máis igualitaria a través de mecanismos de produción de coñecemento colaborativos, abertos e reutilizables”.

Todas estas actividades, tal e como avanza Delso, “terán que cumprir coas normas establecidas do Co-Lab: transversalidade dos saberes, liberdade de acceso ao coñecemento e reutilización, prototipado rápido, comunidade de aprendizaxe e un espazo de convivencia”. Para máis información sobre esta xornada aberta e o Laboratorio Cidadán, pode consultarse a web municipal http://colab.coruna.gal/

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...