Home » coruna » Currently Reading:

O mercado de San Agustín acolle esta fin de semana unha nova edición do seu mercadiño, cunha vintena de propostas de deseño, tendencias, música e gastronomía

mayo 11, 2018 coruna No Comments

​O mercado de San Agustín acolle esta fin de semana, como ocorre dúas veces ao mes, as ‘Galerías San Agustín’, un proxecto no que diferentes marcas emerxentes dan a coñecer a súa oferta, na que ten cabida a moda, a arte e a decoración, a artesanía, a arte e o emprendemento nas súas diversas disciplinas e sectores. Ao longo do sábado, en horario de 11.00 a 21.00 horas, e o domingo de 11.00 a 17.00 horas, as persoas que visiten a praza de abastos poderán coñecer a oferta dunha vintena de propostas, que estarán acompañadas da mellor música, coma a de Tout Sanders na sesión vermú do sábado, ou José Brea, ás 18:00 horas. O domingo haberá sesión vermú con DJ Chis e o concerto de Fito Mansilla ás 15.00 horas.

Ademais das marcas expositoras, o mercado contará coa participación de diferentes locais de hostalería da zona, que ofrecerán os súas mellores propostas ao longo da fin de semana. Tampouco faltarán actividades, todas elas gratuítas. O sábado, entre as 11.00 e as 15.00 horas, haberá ‘Micro sesións de Coaching Nutricional’ e desde as 17.00 horas terá lugar un taller sobre manexo da ansiedade. O domingo, ás 13.00 horas, impartirase un taller de escritura creativa baixo ao título “Crea unha historia xigante”. A inscrición poderá realizarse por email –a galeriassanagustin@gmail.com– ou ben no punto de información os días do evento ata completar aforamento.

A ecoloxía tamén terá protagonismo este mes nas Galerías San Agustín, que na fin de semana do 26 e 27 de maio contarán coa presencia de máis de 20 marcas sostibles, acompañadas de música e gastronomía. Toda a información sobre este evento está dispoñible na webwww.galeriassanagustin.com​.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...