Home » Exposición » Currently Reading:

O Pazo de María Pita acolle a exposición de carteis ‘Maio do 68’, que lembra as protestas no seu quincuaxésimo aniversario

mayo 16, 2018 Exposición No Comments

A sala de exposicións do Pazo Municipal de María Pita acollerá até o 10 de xuño, a mostra ​Maio do 68​, unha serie de carteis orixinais realizados na escola de Belas Artes de París no propio maio francés, e que dan conta das protestas que este ano celebran o seu quincuaxésimo aniversario. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salienta “a oportuna coincidencia” do inicio desta exposición “nunha data tan significativa no Estado como é o 15-M”, así como a posibilidade de achegar á veciñanza traballos orixinais, realizados en serigrafía e offset, ademais de numerosa documentación da época, como manifestos, publicacións, xornais, ou revistas. “Esta mostra, ademais de ofrecer documentos únicos, propios do maio francés, permite comprobar a perdurabilidade das revoltas e o pensamento crítico, e a vixencia dese momento histórico”, apunta o edil. Aos carteis e á documentación súmase tamén unha completa cronoloxía dos principais acontecementos do maio francés, así como elementos ambientais nas paredes da sala que evocarán as protestas do momento para as e os visitantes.

Comment on this Article:







*