Home » Uncategorised » Currently Reading:

O proceso colectivo impulsado polo Concello para definir os usos e a xestión das Naves do Metrosidero comeza o 14 de abril, “co obxectivo de crear un espazo plural, diverso e inclusivo” para a mocidade

marzo 14, 2018 Uncategorised No Comments

A Concellería de Participación e Innovación Democrática pon en marcha o proceso de deseño colectivo da xestión e os usos das Naves do Metrosidero, que se definirán ao longo de oito encontros mensuais que comezarán o 14 de abril e nos que os e as participantes irán traballando a proposta xunto a persoal técnico do Concello, que se encargará de asegurar a viabilidade das ideas. A edil de Participación, Claudia Delso, explica que se trata de un proceso chave para a definición e concreción dun equipamento público chamado a ser “un espazo plural, diverso e inclusivo para a mocidade da Coruña e tamén da zona metropolitana nun terreo que foi recuperado para o seu uso público”.

O proceso para deseñar os futuros usos do espazo e tamén como se vai xestionar comeza esta mesma tarde cunha reunión aberta á cidadanía na que a concelleira informará da proposta do goberno local para organizar o traballo que se levará a cabo nos próximos meses sobre o futuro das naves. Delso indica que o goberno local busca “promover un foro de traballo aberto e colaborativo, para reflexionar arredor dunha proposta que pretende dotar á mocidade dun espazo de referencia, no que se sitúe como un suxeito activo e poida empoderarse”. A apertura desta etapa de reflexión culmina a de regularización dos terreos, que pasaron á titularidade municipal en xaneiro, despois de estar pendentes dunha cesión definitiva por parte do Ministerio de Fomento desde o ano 1984. Un obxectivo que se cumpre tras varios gobernos municipais e que permite, por unha parte, aumentar o patrimonio de solo municipal e, por outra, blindar ese terreo para o uso público e de toda a veciñanza.

A partir de esta primeira reunión, proponse articular un espazo de traballo que deberá ser “aberto e plural, así como representativo de todas as entidades, organizacións e colectivos, tanto formais como informais, da cidade que estean vinculadas á mocidade”. Delso incide en que o goberno local contará con todos aqueles axentes do tecido xuvenil e entidades do barrio que se queiran sumar ao proceso que xa supón, en si mesmo, un cambio e avance na planificación participada dos espazos públicos.

A Concellería de Participación e Innovación Democrática presentou a proposta do Concello, que parte de dotar ao barrio dun equipamento xuveníl e “dar resposta así a unha importante carencia na nosa cidade” e ofrecer ás mozas e mozos da Coruña e da área metropolitana un “espazo accesible e facilitador que as o os acompañe para desenvolver as súas inquedanzas creativas, produtivas, de investigación ou de aprendizaxe”. Por este motivo, o Goberno local aposta porque as naves “conten cun sistema de xestión plural, que implique tanto ás persoas usuarias como a colectivos informais e ao propio Concello”. Algunas das posibilidades de xestión xa foron exploradas nas xornadas Hiperespazos que se celebraron o pasado mes de novembro no Centro Ágora.

Na súa primeira xuntanza abordará a presentación da proposta inicial de usos feita polo Concello e o coñecemento dos espazos dispoñibles e a obra prevista tanto nas naves como no exterior. O obxectivo é que, neste encontro, se propoñan os usos principais dos espazos. Nas seguintes reunións abordarase o uso xeral e para cada unha das naves, farase un traballo de análise sobre o modelo de xestión posible e se redactará unha proposta de plan de usos e tamén de xestión para o seu debate e mellora, que deberán quedar consensuadas en decembro. As xuntanzas celebraranse unha vez ao mes -excepto en agosto, que non está previsto un encontro- no centro cívico da Cidade Vella e, preferentemente, en sábado pola mañá para facilitar a asistencia da cidadanía, xa que serán abertas a quen queira acudir.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...