Home » coruna » Currently Reading:

O programa ‘A Pé de Barrio’ inicia esta semana as actuacións de limpeza e coidado do espazo público no Portiño, San Pedro de Visma e Os Rosales, despois de realizar máis de 4.578 intervencións na cidade

diciembre 6, 2017 coruna No Comments

O programa municipal de coidado intensivo do espazo público A pé de barrio inicia esta semana as súas actuacións no Distrito 2 da cidade, o que suporá a limpeza integral de máis de 20 rúas dos barrios do Portiño, San Pedro de Visma e Os Rosales. Así, desde este luns e até o vindeiro 19 de decembro, o programa de intervencións e mellora do espazo público posto en marcha polo goberno local acometerá, ademais da limpeza intensiva viaria, diversas actuacións de rexeneración urbana, tales como a eliminación de fochancas nas calzadas, pavimentado e substitución de baldosas rotas, reposición do alumeado público ou a reparación e repintado do mobiliario público así como da sinalización vertical e horizontal, entre outras. Segundo destaca a concelleira de Medio Ambiente, María García, este plan “é unha iniciativa baseada na transversalidade”, e na que a área que dirixe, ademais de Rexeneración Urbana e Mobilidade Sostible, “coordinan e optimizan os seus servizos nun reparto equitativo dos recursos municipais entre todos os barrios da cidade”. “A Pé de Barrio é o programa de limpeza máis intensiva que existiu nunca na Coruña, e que chegará, ao longo dun ano, a todas as rúas dosdezdistritosdomunicipio”,aseverouaedil.

Deste xeito, até o día 19 traballarase na retirada de herbas nas rúas e beirarrúas, a sega e a escarda de alcorques nas zonas axardinadas do Distrito 2, e outras actuacións de coidado de parques e xardóns, e que inclúen novas plantacións de arborado en Emilio González López, no Parque de Catro Ventos ou a reposición de exemplares na Praza Elíptica. Ademais, continuarase coa reparación do mobiliario no Portiño ou nos Rosales, “que se unen ás melloras realizadas nos últimos meses na zona, como foi a reparación de vallas ou a mellora de macizos arbustivos no Monte de San Pedro”, salientou a responsable municipal. Estas semanas desenvolveranse tamén actuacións de reparación e substitución de contedores e papeleiras, control de pragas, revisión da rede eléctrica ou actuacións de saneamento e resolución de incidencias recollidas estas semanas no Distrito, “e que se complementarán coas achegas que recibamos hoxe cidadanía”, expresou García, que se reunirá esta tarde coa veciñanza da zona para presentar os traballos que se realizarán estes días, e recoller as súas demandas de cara a incorporalas nos plans de acción.

A Pé de Barrio chega así o Distrito 2 tras levar a cabo a limpeza intensiva e retirada de herbas espontáneas en 114 rúas do Distrito 7, que abrangue o Barrio das Flores, Matogrande, primeira e segunda fase do Polígono de Elviña e Lonzas, ademais da contorna da estación de ferrocarril. Nesta zona, ademais, tiveron lugar 1.230 intervencións de coidado do espazo público e rexeneración urbana, entre as que se inclúen reparación e substitución de contedores e papeleiras, retirada de pintadas ou actuacións obre pragas, entre outras. Ademais, neste distrito, “que conta cunha importante existencia de espazos verdes”, segundo destaca María García, realizáronse 213 actuacións de limpeza, sega e escarda de alcorques do arborado en parques, xardíns e áreas recreativas da zona.

Desde a súa posta en marcha o pasado mes de xuño, o programa intensivo A Pé de barrio interveu con limpeza intensiva sobre 577 rúas de 5 distritos da cidade –10, 4, 3, 1 e 7– nos que realizou, ademais, un total de 4.578 actuacións de mellora do espazo público e de rexeneración urbana. Entre elas, houbo 755 intervencións sobre fontes, 1.012 no que respecta ao alumeado público, 476 en parques e xardíns –incluíndo zonas verdes históricas como San Carlos ou a Rosaleda de Méndez Núñez, na que se plantaron máis de 3.000 roseiras– ou 700 reparacións en beirarrúas, repintando de pasos peonís, substitución de baldosas ou instalación e substitución de mobiliario urbano.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...