Home » coruna » Currently Reading:

O programa Educa Saúde trasladou hábitos de vida saudables “abordados de maneira integral” a máis de 7.500 estudantes dende a súa posta en marcha

marzo 12, 2018 coruna No Comments

O programa Educa Saúde comeza mañá, 12 de marzo, en oito centros escolares da cidade nos que, ao longo de tres meses, se impartirán charlas para 1.100 nenos e nenas aredor da prevención e formación en materia de saúde. A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, explica que a iniciativa, para a que se conta coa colaboración da Fundación María José Jove, “aborda a saúde dunha forma integral, creando e ensinando hábitos de vida saudable dende a infancia dende tres ámbitos: o físico, o psicoloxico e o relacional”. Como lembra a concelleira de Xustiza Social, dende o inicio do programa Educa Saúde en 2015 trasladáronse hábitos de vida saudables a máis de 7.500 estudantes de 27 centros de primaria e 10 escolas infantís.

Ata o 15 de maio celebraranse nos seis Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) seleccionados 139 charlas para nenas e nenos e 12 para nais e pais “xa que programa inclúe tamén ás familias como axente determinante na transmisión destas condutas”, indica Cameán. As xuntanzas para as familias realizaranse por niveis de idade -máis un encontro final de todas as nais e pais xuntos- nas que se fará unha breve exposición sobre desenvolvemento evolutivo, estilos educativos, adquisición de hábitos e intelixencia emocional antes de abordar as dúbidas que poidan xurdir sobre a crianza. Os centros nos que se leva a cabo o programa son os CEIP Manuel Murguía, Labaca, Ramón de la Sagra, Concepción Arenal, Eusebio da Guarda e Víctor López Seoane.

Ademais, Educa Saúde chega a dúas Escolas Infantís Municipais, as de Monte Alto e Luis Seoane, nas que as actividades se adaptarán a idade (até os 3 anos) de nenos e nenas. Deste xeito, realizarán actividades prácticas xunto cos seus pais e nais como circuítos de psicomotricidade, contos, cancións ou xogos de socialización de iguais.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...