Home » Uncategorised » Currently Reading:

O programa municipal ‘Cultura Accesible e Inclusiva’ incorpora á Fundación Banco Sabadell como nova entidade colaboradora

marzo 10, 2018 Uncategorised No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, en calidade de presidente do Padroado da Fundación Emalcsa, asinou esta semana un convenio co presidente da Fundación Banco Sabadell, Miquel Molins, mediante o cal a entidade financeira incorpórase neste exercicio como colaboradora do programa Cultura Accesible e Inclusiva. O acto, que tivo lugar no Pazo de María Pita, tamén contou coa presencia da concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, así como do director xeral de Banco Sabadell Gallego, Pablo Junceda, e do xerente da Fundación Emalcsa, Manuel Aguilar.

O programa Cultura Accesible e Inclu siva, posto en marcha a través da Fundación Emalcsa no ano 2016, ten como finalidade favorecer a igualdade de condicións e oportunidades no acceso á vida cultural así como no desenvolvemento da experiencia artística de toda a cidadanía, especialmente das persoas con diversidade funcional, para excluír así calquera barreira ou impedimento que dea lugar a súa discriminación. Ao longo deste ano, e no marco da segunda convocatoria, 13 entidades culturais da cidade, en colaboración con 21 asociacións do tecido social, desenvolverán actividades abertas á veciñanza que terán como finalidade a inclusión das diversidades. O convenio asinado coa Fundación Banco Sabadell permitirá articular a terceira convocatoria do programa, ademais da celebración da segunda edición do Festival de Artes pola Inclusión Cultural Festigual, entre outras iniciativas.

Comment on this Article:







*