Home » coruna » Currently Reading:

O programa ‘Tendas a exame’ da Concellería de Emprego esténdese a Monte Alto e Orzán, onde apoiará o traballo de 30 establecementos con consultoría especializada en comercio de proximidade

febrero 28, 2018 coruna No Comments

A nova edición do programa Tendas a exame que pon en marcha a Concellería de Emprego e Economía Social dará o servicio de consultoría especializada en comercio de proximidade a 30 establecementos dos barrios de Monte Alto e Orzán. “O Concello pon a disposición dos e das profesionais deste sector este servizo para fomentar e implementar no posible o comercio de barrio e de proximidade”, destaca o edil do ramo, Alberto Lema. O obxectivo deste programa, que cumpre a súa segunda edición despois de centrarse o pasado ano nas áreas de Falperra e Os Mallos, é poñer a exame os comercios de proximidade en todas as súas facetas, por medio da figura dunha consultora especializada, que permanecería unha serie de días xunto cos e coas comerciantes de cara a determinar as carencias que presenta o seu negocio, así como as aptitudes e capacidades a mellorar ou desenvolver.

Segundo indica o concelleiro, nesta nova edición visitáronse 132 comercios dos barrios para dar a coñecer o programa de primeira man e realizouse unha sesión informativa no Centro de Empresas ACCEDE Papagaio. Tras esta fase informativa, foron 67 os comercios que manifestaron o seu interese por participar no programa, entre os que se seleccionaron os 30 que recibirán o servizo.

Os 30 establecementos que participan nesta edición son: El tocador de Cris, Mercería D ́Lis, Ecotienda Orillamar, Marga flores, Farmacia Isabel Casandra Pin, Floristería Galiocio, Frutería Belén, Relojoya, Mercería La Torre, A tenda de Albi, Opticalia La Torre, Calzados Javi, Tuneo mi Movil, Mari Carmen fotógrafa, Montegrappa, Eurocasa, Mercería La Ilusión, Centro de dietética y nutrición Vanesa Buján, Koketa, Lummerland, Frutería Doris, El Riojano, Papelería Porvén, Los postres de Kelly, Amorodos, Areladeco, Alita Comics, Marcoarte, Doa Doa y Zapatería Pantuflas . “ Estes comercios recibirán o asesoramento dunha persoa especializada en comercio polo miúdo que, tras visitar durante varias xornadas o negocio, identificará os puntos fortes e débiles e proporá medidas e accións para renovar e mellorar o comercio”, indica Lema. O programa finalizará a mediados de abril.

Na edición previa, este servicio de consultoría colaborou cos comercios seleccionados nos barrios da Falperra e dos Mallos para explorar as súas capacidades fronte a diversas campañas como a do Black Friday , Navidades, Rebaixas e San Valentín. “Ao longo de todo este tempo, axudouse aos comercios participantes tanto a destacar os seus produtos, no interior e no exterior das tendas, como a reforzar a súa presenza a través de redes sociais”, destaca o responsable municipal. O traballo de asesoramento completouse con outras actividades, como unha formación individual en técnicas de venta e un taller motivacional.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...