Home » Uncategorised » Currently Reading:

O proxecto de recuperación ambiental abordado polo Concello no estanque de Eirís favorece o anidamento de aves acuáticas e o contacto coa natureza

septiembre 17, 2017 Uncategorised No Comments

A Concellería de Medio Ambiente, dirixida por María García, está a piques de completar a última fase de actuacións no entorno do estanque de Eirís, que consiste na colocación dun valado de madeira que unifique o espazo natural. Desta forma, complétase o proxecto abordado nesta zona, que pretendía levar a cabo unha restauración ambiental integral do enclave, de cara a convertelo nun pequeno humidal urbano, conformando, a súa vez, unha zona de contacto coa natureza, dentro do termo municipal. Segundo destacou a edil, as actuacións postas en marcha neste espazo dende o ano pasado “están xa a dar os seus froitos”, como se pode observar na proliferación de aves acuáticas. De feito, constatouse a reprodución en liberdade da galiñola (gallinula chlorupus), especie que non o fai na cidade dende os anos 90. “A considerable melloría que experimentou a lagoa derivou na reprodución de especies, non só a galiñola, o que é toda unha novidade, senón tamén parrulos salvaxes”, salientou García, que fixo fincapé en que as aves detectadas na lagoa e a súa contorna inmediata superan as 50 especies. A concellería tamén está a elaborar un inventario botánico da zona, no quexaserexistranmáisde30especies.

Para a titular de Medio Ambiente “este feito é fundamental, xa que abordamos este proceso de mellora co obxectivo de crear espazos na cidade que se convertesen en puntos de encontro entre

1

NotadePrensa natureza e cidadanía”. “A nosa intención é levar a máis lugares da cidade estas zonas de encontro

natural, tendo a auga un especial protagonismo”, comentou García.

A responsable municipal recordou que as actuacións que se levaron a cabo estaban enfocadas á recuperación deste espazo, así como a correcta naturalización do estanque. “Fomos capaces de transformalo nun verdadeiro humidal urbano a través da colocación de tres dispositivos de bombeo submerxidos que facilitan a circulación da auga, permitindo que o espazo poida ser naturalizado, cousa que ademais solucionou históricos problemas de sucidade nunha zona na que non se abordaban traballos dende o ano 2003”, dixo a concelleira, que tamén destacou os traballos de eliminación de especies invasoras e de plantación e recuperación de árbores autóctonas e especies vexetais acuáticas.

A fase que se está a acometer na actualidade comprende un novo valado de madeira que unifica o conxunto natural do estanque e que estará acompañado, ademais, da colocación de paneis informativos, nos que se dea conta da presenza de aves e outros animais que viven neste espazo. Esta última actuación no estanque ten un orzamento aproximado de 36.000 euros. “Agora mesmo, as obras están xa nunha fase moi avanzada, a metade da renovación do perímetro está practicamente completada, polo que esperamos que as actuacións rematen xa este outono”, comentou.

Por outro lado, a concelleira recordou que “existen distintos estudos a nivel internacional que inciden na relevancia que as políticas ambientais teñen nas contornas urbanas”. “Está demostrado que o contacto das persoas coa natureza causa beneficios tanto físicos como psíquicos para as persoas, especialmente os e as nenas”, dixo.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...