Home » Uncategorised » Currently Reading:

O Punto Limpo Móbil pasará no mes de xuño por nove localizacións distintas da cidade

Junio 2, 2017 Uncategorised No Comments

A Concellería de Medio Ambiente vén de informar da situación do Punto Limpo Móbil para este mes de xuño, no que o servizo se achegará a nove localizacións distintas da cidade. En concreto, desde hoxe e até o sábado 3, instalarase na praza de Pablo Iglesias, no barrio do Castrillón. Á semana seguinte, o servizo itinerante recalará entre os días 6 e 8 en Lonzas, na avenida de Cádiz e, de cara aos días 9 e 10 a cidadanía poderá facer uso do mesmo nos Castros, na avenida da Pasaxe, no treito situado entre os números 25 e 33. A continuación, o Punto Limpo Móbil situarase, entre os días 13 e 15, na rúa Capitán Juan Varela, xunto á Audiencia Provincial, e os días 16 e 17 na rúa Regata Cutty Sark, en Adormideras. Xa na semana de San Xoán, o servizo da área de Medio Ambiente visitará a zona peonil da rúa Gaiteira, á altura do número 31, entre os días 20 e 22, mentres que o venres 23 e sábado 24 situarase en Vioño. Finalmente, a veciñanza poderá depositar os seus residuos entre o día 27 e 29 na praza Luís Seoane, e o día 30 na rúa Illas Sisargas, no barrio de Mesoiro.

En horario de 09.00 horas a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas de vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para poder axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...