Home » Uncategorised » Currently Reading:

O Sacred Concert de Duke Ellington para Big Band soará este mércores no Colón

junio 6, 2018 Uncategorised No Comments

A Área de Cultura da Deputación da Coruña ofrece este mércores 6 ás 20:30h no Teatro Colón o Sacred Concertde Duke Ellington, interpretado por vez primeira nun escenario galego pola Big Band e o Coro do Conservatorio Superior de Música da Coruña (CSMC)

Como intérprete e director dunha das bandas de jazz máis importantes do século XX, a faceta de compositor de Duke Ellington pasou desapercibida, e aínda máis as súas composicións de música relixiosa, como foron os “Sacred Concert I, II e III” que Ellington e a súa banda levaron de xira en Estados Unidos e Europa entre os anos 1966 e 1974.

Ao contar en moitas ocasións con coros e solistas locais, os arranxos variaban entre unha e outra representación segundo o material de voces dispoñibles. Ante estes feitos no ano 1993 John Høybye e Peder Pedersen (ambos os dous compositores e directores de Dinamarca) crearon un partitura que reúne material dos tres concertos cun arranxo definitivo para banda, solistas e coro, que se chama simplemente “Sacred Concert”.

Con este concerto, o Conservatorio Superior de Música da Coruña ofrece unha música que nunca antes se presentou en Galicia e que tanto para un público interesado en jazz como en música clásica é unha delicia que de cando en cando se pode escoitar en directo.

Traugott Graser, profesor no departamento de Jazzdo CSMC será o encargado de dirixir á Big Band e, pola súa parte, Fernando L. Briones, director titular da Orquestra e Coro Gaosdirixirá co Coro, con Tabea Graser como solista vocal.

Os convites para este espectáculo están dispoñibles en ataquilla.comou na billeteira do Teatro Colón. Os horarios de apertura están dispoñibles en www.teatrocolon.es/entradas

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...