Home » coruna » Currently Reading:

O Teatro Colón acolle hoxe o a derradeira xornada sobre o Empoderamiento da muller con cancro de mama do 2018

noviembre 8, 2018 coruna No Comments

A Deputación da Coruña e o servizo de Oncoloxía do CHUAC organizan a derradeira xornada sobre a vida despois do cancro de mama.

O acto, que terá lugar hoxe xoves, 8 de novembro, a partir das 16.00 horas, no Teatro Colón da Coruña, completará un ciclo de conferencias que ven tendo lugar nos últimos meses en diversos concellos da provincia, contará coa participación de mulleres de toda a comarca coruñesa que superaron a enfermidade e  pretende despexar dúbidas, intercambiar opinións e abordar cuestións de interese para as afectadas en relación con cuestións como a sexualidade, o embarazo, os coidados, a nutrición ou aspectos psicolóxicos unha vez superado o cancro.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que a institución provincial ofreceu o seu apoio para levar a toda a provincia unha serie de charlas impulsadas polo o servizo de Oncoloxía do CHUAC que dirixe o doutor Antón Aparicio e que “permite axudar a moitas mulleres a resolver as súas dúbidas tras a enfermidade e tamén os profesionais sanitarios obter un feedbackmoi valioso dende o punto de vista sociosanitario sobre as súas experiencias”.

 

Inscrición gartuita a través da app creada para

A derradeira xornada do ciclo “Empoderamento da muller con cancro de mama” conta xa con máis dun centenar de mulleres inscritas, moitas delas a través da app para dispositivos móbiles creada para o evento (EMCM18), na que ademáis se pode acceder ao programa e a información relativa á mesma ou tamén enviando un email a secretariatecnica@puntouparte.esou chamando ao teléfono 680322350.

O foro contará coa participación de diversos especialistas que explicarán os coidados de enfermería e a epidemioloxía do cancro de mama, que afecta cada ano a 350 mulleres só na área sanitaria coruñesa. Xinecólogos, oncólogos psicólogos, enfermeiras e fisioterapeutas recoñecidos participarán no acto.

Entre os colaboradores que forman parte desta derradeira conferencia contarase con IKEA que será a encargada de decorar o escenario da xornada e con Solán de Cabras.

Comment on this Article: