Home » Deportes » Currently Reading:

O torneo de World Padel Tour, organizado coa colaboración de Turismo de A Coruña, supera a previsión de asistentes e ronda os 11.000 espectadores no Coliseo favorecendo a promoción da cidade

octubre 17, 2016 Deportes No Comments

O torneo Abanca Ciudad de A Coruña Open 2016 do circuito mundial World Padel Tour rematou este domingo no Coliseo cunha cifra total de arredor de 11.000 persoas entre o xoves 14 e o domingo 16 desta semana, segundo a organización. Esta proba internacional, que contribúe á promoción da cidade a través do deporte coa colaboración de Turismo de A Coruña, superou así as previsións da organización en número de visitantes, que cifraban nuns 9.000. O evento realizouse na cidade coa colaboración do Consorcio de Turismo de A Coruña e supón un pulo para a promoción na cidade e a atracción de visitantes.

unnamed

Gañadores e entrega de trofeos

O alcalde, Xulio Ferreiro, participou na entrega de premios, xunto co concelleiro de Culturas e Deporte, José Manuel Sande. Ao evento deportivo asistiron tamén o presidente de Turismo de A Coruña e concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, así como a xerenta do Consorcio de Turismo de A Coruña, Lanzada Calatayud.

Na categoría feminina gañou o torneo a parella formada por Alejandra Salazar e Marta Barrero despois dun disputado e longo partido contra Ely Amatriaín e Patty Llaguno. Na categoría masculina a parella formada por Fernando Belasteguín e Pablo Lima impúxose ao dúo Francisco Navarro e Carlos Daniel Gutiérrez.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...