Home » coruna » Currently Reading:

O viveiro municipal de empresas Accede Papagaio acolle este luns unha xornada aberta á cidadanía sobre arquitectura dixital

noviembre 26, 2017 coruna No Comments

O Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio organiza o vindeiro luns, 27 de novembro, a xornada Arquitectura dixital, unha proposta que ten como obxectivo dar a coñecer esta disciplina entre a veciñanza a través da experiencia de dúas empresas locais. Tal e como sinala a Concellería de Emprego e Economía Social, área promotora da xornada, a aplicación das novas tecnoloxías está a mudar as dinámicas e os procesos de traballo de todos os sectores empresariais, incluído o da construción e, en particular, a arquitectura desde a presentación visual do proxecto ao cliente final para provocar a compra ata a concepción e deseño de planos intelixentes que minimizan os imprevistos en obra.

Co obxectivo de trasladarlle esta nova situación ao sector, a área que dirixe Alberto Lema organiza esta xornada, que se desenvolverá entre as 19.00 e as 21.00 horas deste luns 27 e que contará con Luís Rivero, fundador de Urbansimulations, e con José Manuel García Acevedo, xerente de +BIM Studio, como relatores. No marco dun foro dinámico, os convidados exporán durante 15 minutos os seus casos de éxito e, a continuación, abrirase un intercambio de ideas coas persoas asistentes para coñecer impresións e diferentes puntos de vista.

A inscrición, que é de balde, está aberta a cidadanía, en particular a persoas do sector da construción, até o mesmo luns, 27 de novembro, ás 10.00 horas. Pódese formalizar a través da páxina web municipal de Emprego, www.coruna.gal/emprego

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...