Home » coruna » Currently Reading:

O viveiro municipal de empresas do Papagaio pon en marcha programas formativos sobre innovación, que beneficiarán a 125 persoas que desenvolven proxectos de emprendemento

noviembre 9, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presentou a nova Programación Formativa e Divulgativa que se ofrecerá no viveiro de empresas municipal no Papagaio. O centro ten como obxectivo dar acubillo, formación e asesoramento a todas aquelas persoas que queiran emprender novos proxectos na cidade. As actividades encadradas dentro deste programa teñen como finalidade dar máis ferramentas aos e ás novas emprendedoras, así como aumentar o seu coñecemento sobre a economía sustentable. O responsable municipal, que ofreceu este mércores unha rolda de prensa acompañado polo deputado provincial José Luis García, comentou que esta programación se desenvolve en virtude do convenio de colaboración asinado o pasado setembro entre Concello e Deputación da Coruña, que está dirixido ao co-financiamento dos gastos de funcionamento e accións que se desenvolvan no centro ACCEDE.

Lema comentou que “o viveiro de empresas do Papagaio non pode ser un mero centro acolledor de persoas que pretenden botar a andar unha iniciativa empresarial, ten que ser un centro de coñecemento, de mellora e de formación, polo que cremos fundamental poñer en marcha actividades coma esta, coa que levaremos a cabo, sen ir máis lonxe, programas formativos para 125 persoas que teñen como persoas destinatarias aos e ás viveiristas do Papagaio”.

En concreto e segundo explicaron os representantes de Deputación e Concello, o centro ACCEDE-Papagaio ofertará aos e ás súas viveiristas, así como persoas asesoradas dentro do propio centro, participar en distintos cursos formativos de entre 10 e 25 horas de duración. Os mesmos tratan de mellorar o coñecemento do alumnado en cuestións como modelos de negocio innovador, conversa en inglés, márketing dixital, procura de investimento e financiamento, e improvisación no emprendemento.

Este cursos estarán acompañados de accións divulgativas que se levarán a cabo mediante a celebración de distintas xornadas de aquí a final de ano. En concreto, mañá, 9 de novembro, o centro ACCEDE Papagaio acollerá a proxección do documental Design Disruptor , sobre os e as grandes deseñadoras de webs e aplicacións como Facebook, Pinterest, etc. O 22 de novembro terá lugar a xornada Encontros no Papagaio, dirixida a persoas emprendedoras con proxectos potenciais ou xa en marcha, mentres que o 27 terá lugar o encontro de Arquitectura Dixital , dirixida a persoas emprendedoras en xeral. O 4 de decembro celebrarase a xornada Márketing Dixital , mentres que o 14 tocaralle a quenda a Emprendedoras e Empresarias no sector tecnolóxico/dixital, que se desenvolverá en colaboración coa Asociación de Empresarias da Coruña (AECO), a Fundación Mulleres e a Asociación de jóvenes empresarios (AJE).

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...