Home » Uncategorised » Currently Reading:

O XXI salón ‘Viñetas desde o Atlántico’ reúne a creadores e creadoras consagrados que participaron nas primeiras edicións do encontro

julio 5, 2018 Uncategorised No Comments

O Salón Internacional de Cómic da Coruña, ​Viñetas desde o Atlántico,​ entra na súa terceira década expoñendo o traballo de autores e autoras xa consagradas e que pasaron nas primeiras edicións do festival como noveis. Trátase da obra dos galegos Emma Ríos e David Rubín, nomeados a varios premios Eisner, Homs e José Luis Munuera, como explicou o director do salón, Miguelanxo Prado. Na presentación desta nova edición, que se celebrará entre o 6 e o 12 de agosto, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, vinculou a “efervescencia e a creatividade do sector gráfico na cidade” coa traxectoria de ​Viñetas desde o Atlántico​. “É tremendo ver a listaxe de obras, premios e a repercusión da ilustración ligada ao cómic da cidade. Vivimos unha época de esplendor gracias ao que representa a iniciativa de ​Viñetas ​dende o seu nacemento”, considerou.

A XXI edición do salón exporá, ata o mes de setembro, os orixinais dos últimos traballos “de autores e autoras hoxe consagrados, cun oco específico no mercado internacional, pero que presentaron no salón algunha das súas primeiras creacións”, indicou Prado. Ademais de Ríos, Rubín, Munuera –autor do cartel de ​Viñetas ​desde ano–, e Homs, estarán no festival as creadoras Cristina Durán, Belén Ortega e Mame Moreu, o premiado no último Salón del Cómic de Barcelona, Ángel de la Calle, os galegos Tirso Cons e Xosé Tomás e o ilustrador José Ramón Sánchez, que realizou unha adaptación de ​Moby Dick na súa primeira incursión no mundo da banda deseñada. “Este ano contamos cunha programación de base estatal con enorme calidade.

Unha vez máis estas pautas de prestixio e de excelencia do salón se cumpren”, indicou Sande. O concelleiro lembrou que o Salón Internacional de Cómic da Coruña recibiu, no mes de maio, na III Gala do Libro o premio como á mellor iniciativa cultural para o fomento da lectura

A programación do salón, que se irán concretando nas próximas semanas e se poderá consultar na web ​www.vinetasdesdeoatlantico.com​, completarase cunha mostra sobre o cómic independiente galego e coa exhibición dos orixinais do último premio Castelao, Beatriz Lema Rivera.

Viñetas desde o Atlántico c​ ontará, nesta edición, con cinco sedes expositivas que manterán a programación ata o mes de setembro. No Kiosko Alfonso estará exposta a obra de Davíd Rubín, Emma Ríos, Belén Ortega, Jospe Homs e Ángel de la Calle, gañador no último Salón del Cómic de Barcelona coa súa obra ​Pinturas de Guerra​. A Sala Municipal de Exposicións no Palexco albergará as obras dos galegos Tirso Cons e Xosé Tomás, xunto a doutras artistas como Cristina Durán, Mamen Moreau e José Luis Munuera. No Pazo Municipal de María Pita poderase ver a obra do Premio Nacional de Ilustración de 2014, José Ramón Sánchez, mentres que na sala Salvador de Madariaga estará pendurado o traballo ​O Corpo de Cristo de Bea Lema Rivera, Premio Castelao 2017, e unha exhibición de cómic independente de Galicia, comisariada por Rubén Romero. Por último, a Torre de Hércules mostrará todos os carteis das distintas edicións de ​Viñetas desde o Atlántico​.

Instalacións deportivas

Por outra parte, o concelleiro lembrou, a preguntas dos medios, que a nova convocatoria para o uso das instalacións deportivas, que sairá proximamente, “establece melloras como a de engadir horas para os novos clubs, que era unha das dificultades que había, e deportes como o atletismo despois do arranxo das pistas de Elviña”. Neste sentido, Sande indicou que a concellería ofreceu ao tecido deportivo, “moi claramente, a posibilidade de axudar a establecer criterios” para esta convocatoria.

Comment on this Article: