Home » coruna » Currently Reading:

Os concelleiros de Rexeneración Urbana Urbana e Mobilidade Sostible dan conta na Mesa da Cidade Vella dos proxectos para a renovación do enlousado da Maestranza e a ordenación das terrazas

julio 5, 2018 coruna No Comments

​Os concelleiros de Rexeneración Urbana e de Mobilidade Sostible, Xiao Varela e Daniel Díaz Grandío, presidiron esta tarde unha reunión da Mesa da Cidade Vella, órgano de participación que está conformado por representantes do tecido asociativo e veciñal do barrio e do Concello e que se constituíu co obxectivo de “acompañar e facer seguimento” das medidas que se van implementado dentro do plan de mellora integral e revitalización deste ámbito. Na citada reunión, os responsables municipais deron conta tanto do proxecto da primeira fase de enlousado da rúa Maestranza, como das liñas xerais do proceso de ordenación singular das terrazas da Cidade Vella, actuacións ambas cuxa posta en marcha se inicia unha vez acometida a peonalización.

O concelleiro Varela indicou ás persoas participantes na Mesa (que, ademais dos edís, contou con representantes da asociación veciñal da Cidade Vella e dos comerciantes de ACECA, así como da comunidade cultural e do Ministerio de Defensa) a intención do goberno local de acometer a primeira fase do proxecto de enlousado da rúa Maestranza, no tramo comprendido entre as rúas Isabel Zendal e Julio Portela Ceballos. A actuación traerá consigo unha ampliación das beirarrúas, con novo enlousado. Varela salientou que o proxecto de obra, que mellorará de forma considerable a accesibilidade na zona, foi negociado co centro escolar dos Dominicos e “é coherente co Plan Especial de Protección de Reforma Interior da Cidade Vella (PEPRI) e as súas determinacións de intervención e mellora de urbanización”.

Por outra banda, o titular de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, deu conta das liñas básicas polas que se rexerá o proceso de ordenación singular das terrazas da Cidade Vella, unha medida que o goberno local ten previsto presentar o vindeiro setembro. “Do mesmo xeito que fixemos cando abordamos a ordenación singular das terrazas da zona centro e Pescaría, a intención do executivo municipal é desenvolver este proceso en base ao dereito que ten á poboación ao goce do espazo público de alto valor patrimonial, a poder recibir atención de emerxencia e, do mesmo xeito, a poder desenvolver actividade económica”, comentou Díaz Grandío. “Á volta do verán faremos público o noso proxecto de ordenamento, que será similar ao xa posto en marcha en Pescaría e que, dende logo, incluirá un período de presentación de alegacións para veciñanza e o sector hostaleiro”, indicou o concelleiro.

Comment on this Article: