Home » coruna » Currently Reading:

Os novos contratos de mantemento de parques e xardíns, que comezan a funcionar en xuño, ampliarán o seu ámbito de execución “e incidirán na recuperación da natureza urbana en todos os barrios”

Junio 1, 2017 coruna No Comments

Os novos contratos de mantemento e conservación de parques e xardíns da cidade comezarán a funcionar na cidade de xeito inmediato, segundo explicou este mércores en rolda de prensa a concelleira de Medio Ambiente, María García, quen destacou que os servizos ampliarán o seu ámbito de execución, “axustándose á realidade actual da cidade” e actuando en zonas que até o de agora non estaban cubertas polo actual contrato, como o Parque de Bens, o entorno da Torre de Hércules ou o Parque Natural dos Rosales, ademais doutras pequenas parcelas por toda a cidade. Tamén se contemplarán rozas noutros enclaves como o Parque de Eirís (na zona das castiñeiras), o entorno do Castro de Elviña, Novo Mesoiro ou Lázaro Cárdenas, entre outras, dando resposta a históricas reivindicacións cidadás. “Este Goberno aposta por un novo modelo de cidade, unha Coruña Próxima que coida das relacións de proximidade da veciñanza co seu entorno no seu día a día, polo que cobra especial relevancia o goce dos parques e xardíns, e polo tanto os traballos de mantemento e calidade das zonas verdes”, comentou García, quen explicou que desde o inicio de xuño entrará en vigor o novo contrato de mantemento dos xardíns históricos, mentres que contra a segunda quincena de xuño o fará o que atinxe ao resto de zonas verdes do municipio. A concelleira salientou, ademais, que este contrato “permitirá aplicar as políticas polas que aposta o Goberno local, como a posta en valor do espazo público e a recuperación da natureza urbana nos barrios, dando maior calidade de vida á cidadanía”.

Este servizo, cun contrato anual de 5,4 millóns de euros, leva aparellado ademais para o que resta de 2017 un investimento de máis de 1,7 millóns, “non sendo o dobre porque o contrato se inicia a metade de ano”, destacou a edil. O novo contrato de mantemento de parques e xardíns non só amplía o seu ámbito de execución senón que recolle unha serie de importantes novidades baseadas na “recuperación da natureza urbana” entendida coma naturalización e mellora da calidade de vida dos barrios. Entre estas novidades figura a aposta pola expansión de arborado, cunha previsión da plantación de 1.500 exemplares entre árbores e grandes arbustos en dous anos. Ademais tamén se abordará un proceso de renovación do mobiliario e os equipamentos relacionados cos espazos verdes da cidade, así como a implantación das novas hortas urbanas resultantes do proceso participativo levado a cabo o pasado ano.

Con respecto á mellora do estado dos parques para maior disfrute da cidadanía con accións que van dende a reparación, á ampliación e mellora do mobiliario, unha das primeiras actuacións terá que ver “cun labor de detección durante catro meses das incidencias que poidan existir nos equipamentos actuais”.

De xeito paralelo levaranse a cabo outras accións, entre as que destacan a continuación das obras do estanque de Eirís, a implantación de máquinas de vapor para substituír o uso do glifosato na retirada das herbas espontáneas e a ampliación e mellora das áreas caninas ou das instalacións de rego. Tamén se levarán a cabo estudos de transición ao manexo ecolóxico dos parques así como aplicará un importante investimento, cercano aos 80.000 euros, para o acondicionamento da zona da Rosaleda, “sen prexuízo, por suposto, de que esta cantidade se vaia incrementando nas seguintes anualidades”.

“Abrimos unha etapa que nos dá pé a continuar adiante coas nosas políticas de recuperación da natureza urbana tan importante nesta cidade e que foi comida pola expansión do cemento”, resumiu a concelleira. Neste sentido, o contrato está suxeito a un proceso de control de calidade, con indicadores e ferramentas informáticas que servirán para facer un control e seguimento dos obxectivos de traballo, así como un inventario das actuacións en arborado, obras de mellora de equipamentos, etc.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...