Home » Trafico » Currently Reading:

Os servizos de seguridade do Concello comprobarán que a nova regulación das terrazas da zona centro garanta o dereito da veciñanza á asistencia de emerxencia

Junio 18, 2017 Trafico No Comments

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, que posúe tamén as competencias en materia de Seguridade Cidadá, indicou que esta semana os servizos de seguridade do Concello comprobarán que a delimitación das terrazas nas rúas da zona centro de gran ocupación hostaleira afectadas pola ordenación singular aprobada pola Xunta de Goberno este mes garante o dereito da veciñanza á asistencia de emerxencia. En concreto, un dos camións de emerxencia do servizo municipal de Bombeiros circulará esta semana polas rúas onde xa se levaron a cabo as actuacións de marcaxe das zonas de terraza. Estas accións comezaron a pasada semana logo da adxudicación do contrato o servizo de inventario, cartografía e sinalización das terrazas.

“Na zona centro existen 34 rúas afectadas por este ordenamento singular. Algunhas son de por si demasiado estreitas para favorecer o paso do camión de bombeiros, non obstante, noutras si é posible espacialmente. O que simplemente queremos é corroborar que, unha vez realizado o proceso de delimitación e marcaxe das terrazas, se garante o paso dos servizos de emerxencia”, explicou a concelleira Fraga, quen destacou a colaboración da hostalería. “O único que pretendemos é cerciorarnos, segundo se vaia acabando o traballo de delimitación das rúas, de que este marcaxe se levou a cabo de forma correcta, favorecendo a accesibilidade e a seguridade da veciñanza, que é o que buscamos con esta actuación”, comentou. “Estas tarefas de comprobación iranse levando a cabo de forma escalonada en todas as rúas que estean dentro do ámbito da ordenación singular e que vaian sendo delimitadas”, explicou a titular de Seguridade Cidadá.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...