Home » coruna » Currently Reading:

Os talleres municipais para a prevención das drogodependencias nos centros escolares chegarán este ano a máis 7.100 estudantes

febrero 4, 2018 coruna No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados, dirixida por Silvia Cameán, porá en marcha este ano, de novo, a súa programación de actividades para a prevención das drogodependencias, dirixido a rapaces e rapazas de entre 11 e 18 anos, de cara a “desenvolveracciónstantonoámbitoescolarcomonofamiliarenocomunitario”.Aresponsable municipal destacou o esforzo do Concello “por que estes talleres cheguen, cada vez, a un maior número de menores, así como ás súas familias”. Está previsto que, unha vez rematado o curso 2017-2018, os centros escolares públicos da cidade teñan realizado 323 talleres de prevención, nos que terán participado 7.106 mozos e mozos, case un 13% máis das que o fixeron o anterior ciclo académico 2016-2017, cando se levaron a cabo 286 talleres.

Os talleres escolares sobre prevención desenvólvense ao longo de tres sesións de 50 minutos e están divididos por temáticas segundo franxas de idade. A concelleira salientou que os mesmos son impartidos por profesionais de entidades da cidade con experiencia no campo da prevención de drogodependencias, en concreto, Aclad (Asociación Cidadá de Loita contra a Droga), Adafad (Asociación de Axuda a Familiares de Drogodependentes) e Agalure (Asociación de Ludópatas Rehabilitados).

Destacan os talleres destinados á prevención de consumo de tabaco e alcohol, consumo de drogas ou de prevención de riscos asociados ao uso de internet, redes sociais e xogos interactivos. Ademais, este ano, Xustiza Social vén de poñer en marcha un novo obradoiro especialmente destinado a rapaces e rapazas que cursen primeiro e segundo curso de Bacharelato ou ciclos medios de FP e que teñan entre 16 e 18 anos. “Combina a intervención grupal coa intervención individual, en casos de risco, co menor e a súa familia”, explicou Cameán. “Queremos ser realmente efectivas, ir máis alá, polo que o centro escolar que detecte un caso concreto de conduta problemática asociada ao comezo do consumo de drogas poderá solicitar esta intervención”, adiantou.

Ámbito comunitario e familiar

O programa municipal da prevención das drogodepedencias ten unha segunda vertente de actuación no ámbito comunitario a través de Lecer Saudable , que oferta actividades para a mocidade en centros cívicos, dirixidos a menores de entre 12 e 30 anos. “O que se pretende con esta medida é promover nos e nas participantes destas actividades de ocio o fomento da autoestima e a adquisición de valores positivos, co fin de evitar o inicio do consumo de substancias”. O pasado ano realizáronse actividades de surf, robótica, zumba, street food, baile moderno, creación de blogues e páxinas web, multideporte, fotografía con cámarara caseira, técnicas de relaxación, creación de películas de animación e outras accións. O número total de persoas participantes foi de 1.378, manténdose en cifras similares ás do pasado exercicio.

Por último, no ámbito familiar, a Concellería de Xustiza Social ten en marcha accións de asesoramento ás familias dos mozos e mozas nas que se detectan condutas ou hábitos de risco. Así, tamén se organizan charlas para pais e nais, de cara a mellorar as habilidades de comunicación sobre drogas. Estas son solicitadas tanto polas ANPA como polos centros cívicos, que estean interesados.

Comment on this Article:







*

A %d blogueros les gusta esto: