Home » coruna » Currently Reading:

Pop Re-Visited achega ao Teatro Colón a obra de Bob Dylan, Elvis Presley e Siniestro Total en formato contemporáneo

junio 2, 2018 coruna No Comments

O Teatro Colón da Coruña acolle este martes 5 de xuño desde as 20:30 horas o espectáculo Pop-Revisited. A nova proposta do grupo Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) que por primeira vez presenta en Galicia os temas de emblemáticas figuras da historia do Pop/Rock dende a perspectiva da música contemporánea.

Taller Atlántico Contemporáneo presenta agora o programa Pop Re-Visited onde se recollen as visións de compositores clásicos contemporáneos como John Corigliano, Michael Daugherty ou Javier López  de Guereña, sobre o traballo de figuras emblemáticas da cultura Pop/Rock: Elvis Presley, Siniestro Total ou Bob Dylan. 

Baixo a dirección de Diego García Rodríguez, o espectáculo de Taller Atlántico Contemporáneo busca reflexar como o Pop e máis o Rock influíron dun xeito decisivo no maxin dos compositores clásicos contemporáneos.

Así, o escenario do Colón emprazará un repertorio en que se interpretarán a suit sinfónica Visita turística a The Land of Opportunity, onde se achega unha nova dimensión de Siniestro Total;  a peza Dead Elvis, en que o solista fagot Álex Salgueiro e máis un ensemble de cámara recuperan diferentes temas do rei do Rock, e finalmente, o ciclo de sete cancións para soprano, desta volta interpretadas por Ingrida Gápová, en que se exhibirán as adaptacións que realizou John Corigliano sobre o álbum Mr. Tambourine Man de Bob Dylan.

Taller Atlántico Contemporáneo é unha formación musical  que nace no ano 2010 co ánimo de abordar interdisciplinarmente  -con paixón, curiosidade, imaxinación e liberdade- as composicións contemporáneas de diferentes artsitas e compositores internacionais.

Na actulidae,  a formación está considerada como máis relevantes agrupacións a nivel nacional, tendo actuado en importantes festivais como son Festival Internacional de Música e Danza de Granada ou na Semana da Música Relixiosa de Cuenca.

Poden consultar máis información e reservar as súas entradas na seguinte ligazón: http://www.teatrocolon.es/es/evento/pop-re-visited/

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...