Home » coruna » Currently Reading:

PRETO DE 2000 PERSOAS GOZARON DA PRIMEIRA EDICIÓN DE ELAS SON ARTISTAS

junio 12, 2018 coruna No Comments

Elas Son Artistas​, o 1o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade que se celebrou do pasado 31 de maio ao 6 de xuño en 7 concellos, despídese cunha cifra de asistencia de preto de ​2000 persoas nos 6 días de duración. ​Arteixo, Betanzos, Cambre, Culleredo, A Coruña, Oleiros ​e Sadaacolleron unha programación moi diversa pola que pasaron máis de 75 artistas galegas, nacionais e internacionais: Ele, Rebeca Lane, Nastasia Zürcher, Berta Bittersweet, Aldaolado, Las Antonias…

En canto ao impacto socioeconómico, creáronse uns 128 empleos directos entre artistas, produción e técnicos, ademáis de empresas auxiliares (imprenta, señaléctica, aluguer de son…).

ESA naceu co propósito de dar visibilidade á muller como profesional, como artista, como creadora, sendo, ademáis, un dos proxectos gañadores do primeiro concurso de Ideas pola Igualdade na Cultura “Luisa Villalta” da ​Deputación da Coruñ​a, a quenes destacamos xunto a ​Deleite​, polo seu apoio incondicional.

O festival acolleu ademáis no primeiro día, unha xornada de traballo no ​Pazo de Mariñán entre artistas, profesionais das industrias culturais, profesionais da administración pública e tres facilitadoras. O tema marco foi compartir o coñecemento sobre a situación das mulleres no sector cultural e artístico e como mellorar a súas condicións e posición apuntando cara posibles boas prácticas no sector a través de dinámicas grupais e postas en común.

Con estas cifras toca facer balance positivo para unha primeira cita que se confirma como toda unha referencia no que a eventos se refire, convertíndose ademáis nun gran paso para a área metropolitana da Coruña, grazas tamén ao dispositivo especial de transporto disposto polo propio festival para moverse polos 7 concellos.

Desde Elas Son Artistas agradecemos tamén ás 4 salas colaboradoras: Jazz Filloa, Garufa, Bâbâ Bar e Sala Mardi Gras, socias de Clubtura, e ao Teatro Colón.

Grazas tamén a CaixaBank, por facilitarnos as cousas, e a cada Concellería de Igualdade, Benestar, Cultura, Turismo… polas boas palabras en todo momento.

E grazas, como non, ás artistas, traballadores, público, institucións, patrocinadores, colaboradores (Grupo Experto, DiversidArte…), e medios de comunicación pola confianza depositada no proxecto.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...