Home » Deportes » Currently Reading:

Rematan as obras das pistas de atletismo do Campus de Elviña

junio 24, 2018 Deportes No Comments

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, visitaron as renovadas pistas de atletismo do Campus universitario de Elviña, cuxas obras de mellora foron financiadas pola Deputación e o Concello cun investimento total de 500.000 euros.

González Formoso destacou que se trata “dun investimento importante e necesario” para unhas pistas con máis de dúas décadas de existencia, “que estaban moi deterioradas polo uso”, o que a amosa a necesidade de instalacións destas características na cidade da Coruña. “A partir de agora os clubes e a comunidade universitaria van ter unhas instalacións adecuadas para a práctica das distintas disciplinas do atletismo”, sostivo o presidente provincial.

No mesmo sentido, o reitor agradeceu a colaboración económica de Deputación e Concello da Coruña para “crear unha instalación de última xeración” que, ademáis de facilitar a práctica deportiva aos universitarios, vai a permitir albergar competicións de nivel autonómico e nacional.

Pola súa banda, o alcalde Xulio Ferreiro destacou que as obras son “un exemplo de cooperación entre institucións” e supón “unha boa nova para a cidade e a área metropolitana da Coruña”, xa as instalacións estarán abertas ás actividades dos clubes de atletismo da comarca.

A Universidade da Coruña acometeu a renovación das pistas, por primera vez desde a súa construcción no ano 1999, co financiamento do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña, que aportaron 300.000 euros e 200.000 euros, respectivamente. As obras consistiron na renovación dos firmes da pista de atletismo en todo o anel, cunha técnica denominada “retoping”. Este proceso incluiu o pulido e a descontaminación de toda a superficie mediante unha lixadora industrial específica. Posteriormente, aplicaronse resinas de poliuretano para reparar as zonas deterioradas e dotouse dun firme de última xeración para facilitar a práctica deportiva.

As pistas contan coa preceptiva homologación da Real Federación Española de Atletismo.

 

Novo acceso e eliminación de barreiras arquitectónicas

En paralelo ás obras na pista de atletismo, construíuse tamén un novo acceso ao complexo deportivo do Campus de Elviña, situado baixo as gradas das pistas.

O novo acceso consiste nunha escaleira na fachada suroeste, cuberta cunha pérgola de aceiro laminado e chapa de aluminio, e dotada de acristalamento perimetral, para garantir a estanqueidade á choiva e unhas correctas condicións térmicas no interior.

As obras aproveitaronse para eliminar as barreiras arquitectónicas, favorecendo o acceso a usuarios co mobilidade reducida. Estas medidas incluiron ademáis a instalación dun vídeo porteiro con apertura eléctrica que facilita o paso para os usuarios con mobilidade reducida.

Comment on this Article: