Home » coruna » Currently Reading:

REPSOL E DOWN CORUÑA FIRMAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA FOMENTAR A INSERCIÓN LABORAL

Junio 1, 2017 coruna No Comments

O director da Refinería de Repsol na Coruña, Luís Llamas, e o presidente da Asociación Down Coruña, Manuel Álvarez Esmorís, asinaron esta mañá un convenio de colaboración que servirá para financiar o “Programa de preparación para a inserción laboral de persoas con síndrome de down”.

O convenio, que supoñerá un investimento de 8.000 euros, enmárcase dentro da política de Responsabilidade Corporativa de Repsol, que busca fomentar a integración laboral de persoas con discapacidade, impulsando para iso múltiples iniciativas de colaboración con diferentes entes e asociacións.

Tal e como explicaba Llamas, “a relación con Down Coruña vén de lonxe, e estamos encantados de poder seguir colaborando cunha entidade que realiza tan importante labor social na integración das persoas con diversidade funcional. Este convenio servirá para axudar a dar forma a un proxecto estupendo, que facilitará a inserción no mercado laboral de moitas persoas cuxa validez e capacidade ás veces non somos capaces de ver, e iso é algo importante”.

A Asociación Down Coruña é unha entidade dedicada a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual a través da súa plena integración social e o “Programa de preparación para a inserción laboral de persoas con síndrome de down” baséase na mellora das capacidades de lectoescritura dos participantes, capacitándolles así para acceder a un abanico moito máis amplo de ofertas laborais.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...