Home » coruna » Currently Reading:

REPSOL REALIZA UN SIMULACRO DE EMERXENCIA XERAL NA REFINERÍA DA CORUÑA

noviembre 9, 2017 coruna No Comments

Esta mañá levouse a cabo un simulacro de emerxencia xeral nas instalacións da Refinería de Repsol na Coruña que contou con participárona de todos os empregados do Complexo Industrial e contou coa participación de Bombeiros da Coruña e 061. Así mesmo, Protección Civil a través do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia colaborou tamén no simulacro axudando nas comunicacións. Nesta ocasión simulouse un incendio nun tanque de almacenamento.

Este simulacro, que se atopa dentro das prácticas habituais da Política de Seguridade de Repsol, ten como obxecto ser un adestramento de todo o persoal ante unha emerxencia xeral, ademais de comprobar a eficacia da estrutura organizativa dos medios de emerxencias e a coordinación co Plan de Emerxencia Exterior para poder detectar posibles puntos de mellora.

Para unha maior precisión na detección das correccións, o simulacro dividiuse nas distintas fases dunha emerxencia: conato, emerxencia parcial, emerxencia xeral e fin de emerxencia.

 

A Refinería e a seguridade

A planificación, a organización e o desenvolvemento da actividade industrial de Repsol na Coruña teñen como valor esencial a seguridade das persoas e instalacións. Mostra diso, son as 18.000 horas de formación, tanto teórica como práctica, que os máis de 600 traballadores da Refinería da Coruña realizan anualmente a través de distintos exercicios e simulacros en determinadas áreas, ou xerais, nos que se involucra toda a organización.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...