Home » coruna » Currently Reading:

Rexeneración Urbana abrirá en abril o prazo para solicitar axudas de rehabilitación e instalación de ascensores en edificios

febrero 12, 2018 coruna No Comments

A Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda convocará a finais de marzo axudas por 2.650.000 euros para obras rehabilitación de edificios, centradas nas melloras de accesibilidade e habitabilidade dos mesmos. “Este Concello mantén unha aposta moi importante pola rehabilitación da cidade consolidada, como demostra a cantidade exemplar de fondos propios, un 30% máis que no anterior mandato, que investimos nestas axudas dirixidas á posta ao día e mellora da calidade dos edificios da cidade”, indica o concelleiro Xiao Varela. A subvención conta con dúas liñas de actuación diferenciadas. Unha primeira, de accesibilidade, para a instalación de ascensores e a mellora das entradas dos edificios á que se destinan 1.450.000 euros que subvencionarán até un 30% do investimento total que supoña a obra. A segunda liña está dedicada, entre outras actuacións, a intervencións nos elementos comúns e á mellora na eficiencia enerxética -posibilidade que foi introducida polo actual goberno nas bases-, que contará cun máximo de 1.200.000 euros cos que se poderá subvenciar ata un 30%, como avanzou Varela nunhas xornadas de rehabilitación que se celebraron esta semana. O departamento que dirixe traballa xa nas bases da convocatoria, que especificarán as condicións de acceso a estas axudas e estarán dispoñibles no mes de abril.

“Consideramos que había que darlle un cambio de rumbo á dinámica da área de Urbanismo que atopamos no Concello, e este cambio ten que ver precisamente coa rehabilitación, con mellorar e sacar partido ao tecido construído da cidade, que ten case 20.000 vivendas baleiras e algúns novos desenvolvementos importantes como o Ofimático ou San Pedro de Visma”, explica o concelleiro, que incide en que a aposta firme do Concello “contrasta coa ausencia estatal” de axudas para este fin, que “levan disminuindo 10 anos, de 1.000 millóns a 300”. “Redoblamos a aposta para tentar suplir esa ausencia”, apunta. As políticas que fomentan a rehabilitación cumpren unha dobre función, a de manter a vivenda como garante de dereitos e, por outro lado, ser un motor económico na cidade. Neste sentido, indica Varela, o Concello está tamén incidindo na mellora do espacio público nos barrios, “intervencións pouco vistosas, pero de baixo custo e alto impacto, xa que rematan con deficiencias históricas e revalorizan estes espazos e chaman ao investimento”.

Como lembra Varela, o Concello ten en marcha dende o pasado ano a campaña informativa Miña casa. Meu lar , co obxecto de dar a coñecer á veciñanza este programa de axudas de maneira sinxela e accesible, a través de dípticos e catálogos detallados. Poden conseguirse nas distintas dependencias municipais, como centros cívicos e edificios municipais, e que, igualmente, foron distribuídos xa nas asociacións veciñais da cidade, colexios profesionais –como o de Arquitectura, Arquitectura Técnica ou Administración de Fincas– e, igualmente, nas sedes de asociacións relacionadas con discapacidades motoras. A información do catálogo tamén está dispoñible para descarga na web municipal.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...