Home » coruna » Currently Reading:

Seis mozas de A Coruña, Melide, Ames gañan o concurso de viñetas “Donas” da Deputación da Coruña

junio 3, 2018 coruna No Comments

Catro mozas da Coruña, unha de Melide e unha de Ames son as gañadoras do IX concurso de viñetas “Donas” Mulleres na Historia de Galicia” da área de Igualdade da Deputación da Coruña. As imaxes retratan mulleres loitadoras e heroínas que foron esquecidas da historia.

As Schindler galegas, a Revolta das Pedradas ou as heroínas das terra son algunhas das protagonistas das viñetas gañadoras do concurso “Donas” que a área de Igualdade da Deputación da Coruña convoca co obxectivo de animar á poboación adolescente a reflexionar sobre as mulleres na historia galega co obxectivo de visibilizar o empoderamento e o seu papel no desenvolvemento da nosa sociedade.

A historia das mulleres en Galiza, as biografías de galegas, o empoderamento feminino e o papel das mulleres e historias de vida no desenvolvemento da sociedade galega son os temas arredor dos que xiraban as viñetas que foron avaliadas por un xurado composto pola gañadora do premio Castelao de Banda Deseñada, Bea Lema,  a técnica de Igualdade, Eva Ovenza e a técnica de Servizos Sociais, Fernanda Soutullo e presidido pola deputada de Igualdade e Servizos Sociais, Ánxela Franco.

Na categoría de 12 a 14 anos, os premios foron para os traballos “Heroínas da terra” de Raquel González Calvo (A Coruña), “As Schindler galegas”, de Paula María Tábara Casaña (A Coruña) e “Elas abriron camiño” de Teresa Ron Casal (Melide) os primeiro, segundo e terceiro premios.

Para a categoría de 15 a 18 anos, o primeiro premio recaeu na “Revolta das pedradas” de Mirian Puebla Gil (A Coruña), o segundo en “Muller contra muller” de María Angélica Álvarez Estévez (Ames) e o terceiro “A Voz da Muller” de Marina Sacristán Hidalgo (A Coruña).

“O concurso ten como obxectivo contribuír a eliminar o sexismo na xente nova a través dunha linguaxe moi próxima como é a banda deseñada. A iniciativa quere tamén afondar na recuperación da historia das mulleres que foron silenciadas e esquecidas”, explica a deputada de Igualdade, Ánxela Franco.

 

GAÑADORAS DO IX CONCURSO DE VIÑETAS 2018. “DONAS” MULLERES NA HISTORIA DE GALICIA

Categoría A (de 12 a 14 anos):

Primeiro premio:    “Heroínas da terra”, gañadora Raquel González Calvo (A Coruña)

Segundo premio:   ” As Schindler galegas”, gañadora Paula María Tábara Casaña (A                                            Coruña)

Terceiro premio:     “Elas abriron camiño”, gañadora Teresa Ron Casal (Melide)

Categoría B (de 15 a 18 anos):

Primeiro premio:    “Revolta das pedradas”, gañadora Mirian Puebla Gil (A        Coruña)

Segundo premio:   “Muller contra muller”, gañadora María Angélica Álvarez Estevez                                     (Ames)

Terceiro premio:     “A Voz da Muller”, gañadora Marina Sacristán Hidalgo (A Coruña)

 

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...