Home » coruna » Currently Reading:

Setenta e oito concellos reciben axudas da Deputación da Coruña para contratación de persoal en xestión e animación cultural

junio 7, 2018 coruna No Comments

Un total de 71 concellos, máis os sete da mancomunidade de Ordes, recibirán axudas para a contratación de persoal técnico en xestión cultural e animación sociocultural por medio da liña de subvencións á que a Deputación da Coruña destina un total de 749.998,97 €. A liña responde á aposta da institución pola profesionalización das áreas de cultura das entidades locais.

Todos os concellos que se acolleron á liña de axudas para a contratación de persoal técnico de xestión cultural e animación sociocultural reciben subvención da Deputación da Coruña cunha achega que vai desde os nove aos catorce mil euros por concello. En total, a Deputación inviste nesta liña 749.998,97 euros que se destinarán á profesionalización das áreas de cultura dos concellos da Coruña.

“A liña permitirá a contratación de persoal técnico en case oitenta concellos, é dicir, unha boa parte das entidades locais da Coruña que contarán con profesionais da animación sociocultural e a xestión técnica que reverterá no traballo a desenvolver desde a área de Cultura”, explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.

A liña, ademais de reverter na creación de emprego no sector, contribuirá a unha mellora na calidade da xestión cultural, un obxectivo que preside varias das liñas de acción da área de Cultura da Deputación da Coruña que impulsou, entre outras iniciativas, a creación de dúas bolsas destinadas á área de Políticas Culturais, a creación do Banco de Boas Prácticas da Xestión Cultural, xunto a Asociación Galega de de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) ou as xornadas formativas que desenvolve a institución na procura acadar modelos e políticas culturais efectivas, que fagan real o seu lema “A Cultura é un dereito”.

A resolución publícase no BOP deste 6 de xuño e pódese consultar na seguinte ligazón: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/06/06/2018_0000004066.pdf

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...