Home » Deportes » Currently Reading:

Santiago acollerá en setembro a Supercopa Endesa de Baloncesto

junio 15, 2018 Deportes No Comments

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o director xeral da ACB, José Miguel Calleja, o director territorial de Endesa, Miguel Temboury, o presidente do Monbus Obradoiro, Rául López, e a concelleira compostelana de Deportes, Noa Morales participaron no Concello de Santiago de Compostela na presentación da Supercopa Endesa de Baloncesto 2018 que se disputará os días 21 e 22 de setembro no multiusos Fontes do Sar, onde o Monbús Obradoiro xogará coma anfitrión. Ademáis xogarán o FC Barcelona, campión da Copa do Rey; o Real Madrid, campión da Euroliga, e o Kirolbet Baskonia, calsificado a través da Liga Endesa.

Os representantes institucionais participaron na sinatura do contrato para a celebración do evento e posaron para os reporteiros gráficos na praza do Obradoiro.

Na súa intervención, González Formoso destacou a importante presencia da Deputación da Coruña na promoción do deporte na provincia, “desde o apoio ás categorías base nas que comezan a forxarse os talentos deportivos ata os grandes eventos coma o que hoxe presentamos, que trascenden o ámbito deportivo pola súa proxección e impacto económico”.

“Dicía un dos grandes xogadores de baloncesto de todos os tempos, Michael Jordan, que o talento gaña partidos pero o traballo en equipo gaña campionatos. O feito de que esteamos hoxe aquí é tamén froito do traballo en equipo de numerosas persoas, entidades e institucións ás que quero agradecer o seu esforzo e implicación para que Santiago acolla a Supercopa de Baloncesto 2018”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña.

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega afirmou que “o baloncesto está no ADN” da cidade compostelá e sostivo que “queremos que esta Supercopa sexa tamén un agradecemento ao Obradoiro e á súa afección porque os que forman parte da caldeira do Sar merecen todo o recoñecemento”.

O presidente do Obradoiro, Raúl López, felicitouse porque a Supercopa de Baloncesto se dispute por primeira vez en terras galegas e expresou o orgullo do club por participar na competición como equipo anfitrión con algúns dos mellores equipos do baloncesto español.

Comment on this Article: