Home » Fotografía » Currently Reading:

Un cento de persoas participan no concurso fotográfico do Calendario Municipal 2018, que versará sobre a relación da Coruña co mar

noviembre 13, 2017 Fotografía No Comments

O Calendario Municipal da Coruña xa ten fotografías gañadoras. O xurado do concurso seleccionou o pasado venres os 13 traballos que, acompañados por 12 imaxes antigas da cidade cedidas polo Arquivo Municipal, formarán parte do almanaque do Concello do ano que vén. Nesta edición, a temática versou sobre A Coruña e a súa relación co mar, como parte esencial da identidade local. Así, o concurso, no que participaron 100 veciñas e veciños, estivo aberto a todas aquelas imaxes nas que o mar tivera diferentes lecturas, como paisaxe emocional, como motor da actividade económica e social da veciñanza, como espazo de lecer e de reflexión cara ao futuro, de concienciación da nosa contorna ou como ben común. Recibíronse un total de 300 fotografías, das que foron admitidas, dacordo ás bases, 215.

O tribunal do Concurso, formado por tres representantes da Corporación local e tres fotógrafos dos xornais locais, escolleu en total 13 imaxes –unha de portada e 12 para ilustrar cada mes– realizadas no termo municipal. As persoas gañadoras recibirán como premio un exemplar da obra Vivian Maier. Street Photographer e un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos coruñeses, ademais de dez copias do almanaque, no que aparecerán publicadas as fotografías gañadoras coa firma dos e das autoras. Os traballos seleccionados, que destacaron pola súa calidade e representatividade, son os seguintes:

Portada: Torre de control, de Miguel Maneiro Maneiro ‘Wilfas’

Xaneiro: Memorias, de Daniel Villanueva Sánchez
Febreiro: Cicloxénese explosiva na Coruña, de Leo Margareto

Marzo: Coruña pescadora, de Daniel Martí Rodríguez Abril: Precalentamento, de Mada Carballeira
Maio: Sen título, de Carlos Alberto Perina González Xuño: Botero, de Alexandre Varela

Xullo: Salta, de Marta Comesaña
Agosto: Corto Maltés, de Luis Menéndez
Setembro: Sen título, de Antón Varela
Outubro: Illas, de Ricardo Rodríguez de Castro
Novembro: Sen título, de Andrés Castiñeiras
Decembro: O mundo ao revés está baixo o mar, de Sonia Hermida

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...