Home » coruna » Currently Reading:

Un total de 121 personas conseguiron traballo en 2017 a través de Coruña Emprega, destinado á inserción de “colectivos con máis dificultades de acceso ao mercado laboral”

febrero 7, 2018 coruna No Comments

O responsable de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, informou de que 121 persoas, 60 mulleres e 61 homes, atoparon un posto de traballo durante 2017 grazas ao programa Coruña Emprega que, en colaboración coa empresa Inditex, “pretende facilitar a inserción laboral de persoas que pertencen a colectivos con máis dificultades de acceso ao mercado laboral”. Isto supón un 62% de inserción laboral do programa, que acada porcentaxes do 100% en sectores como a hostelería, do 86,7% en socorrismo acuático ou do 89,5% no tratamento de peixe. Outras das áreas que acadou unha porcentaxe ampla de inserción foi a da atención especializada en demencias, cun 60%. O programa Coruña Emprega -que está dirixido a persoas maiores de 45 anos, paradas de longa duración, migrantes ou mulleres maltratadas, entre outros colectivos- iniciouse en outubro de 2016 e está previsto que se execute durante 36 meses.

Tal e como recordou Lema, a iniciativa conta con tres áreas de actuación que inciden na realización de estudos técnicos de prospección de sectores que demandan emprego, o Pacto Local polo Emprego –reactivado recentemente polo Concello, con 26 entidades públicas e privadas do municipio– e accións de inserción laboral, que xiran en torno a tres eixes fundamentais como son os itinerarios integrados de inserción, os grupos de Impulso Motiva Orienta e a intermediación laboral. Enmarcados neste último ámbito de acción, leváronse a cabo os traballos de contacto con 204 empresas e se asinaron 61 convenios de colaboración que permitiron a realización de prácticas formativas non laborais en 96 centros de traballo. Este labor de intermediación tamén se plasma no envío de 1.786 candidaturas a ofertas de emprego.

O plan Coruña Emprega incluíu tamén, segundo salientou o concelleiro, unha “metodoloxía novedosa” como son os grupos de Impulso Motiva Orienta (IMO) de búsqueda colectiva de emprego e os itinerarios de insercción laboral que presentaron unha taxa de inserción “alta”, do 69%, no seu primeiro ano de percorrido. “É unha ferramenta moi innovadora que non se empregara antes. Non se trata tanto de traballar sobre a capacitación senon sobre a motivación á hora de entrar no mercado laboral. Ás veces o enfoque meramente formativo non é suficiente hai que darlle un reforzo á parte de motivación”, explicou o responsable municipal.

Os traballos de inserción completáronse con 12 itinerios integrados a través dos cales un total de 747 persoas obtiveron atención personalizada -379 mulleres e 368 homes- e se impartiron 1.605 horas de formación para o emprego e 710 horas de prácticas en empresas.“Non enviamos ao alumnado a calquera tipo de cursos. Faise unha entrevista previa para coñecer as súas carencias e as súas necesidades e tamén unha formación ad hoc específica para mellorar a súa empregabilidade”, explicou Lema. Do total de 158 persoas que accederon a formacións non laborais, 150 as finalizaron con éxito, mentras que o 100% do alumnado aprobou as competencias clave que convoca a Xunta de Galicia. Tal e como indicou o concelleiro, leváronse a cabo tamén dous estudos técnicos, en colaboración coa Universidade da Coruña e a Fundación Mujeres, “para analizar especificamente a dinámica de emprego no colectivo das mulleres”.

Previsións para este ano

O concelleiro de Emprego e Economía Social marcou como obxectivo para 2018 traballar na descentralización dos servizos de emprego municipais, que actualmente están localizados nos Rosais, co obxectivo de poder estendendelos polos barrios e achegalos así á veciñanza. “Temos vontade de afrontar un dos retos máis complexos e difíciles para calquer servicio do Concello, como é a descentralización”, apuntou Lema. Manter un centro único “dificulta a accesibilidade” polo que a Concellería de Emprego e Economía Social propón ramificar o servicio de emprego nos centros cívicos “para facer servizo in situ nos barrios e ás personas que teñen algún problema de accesibilidade e mobilidade”. “Será un salto cualitativo importante”, afirmou. A concellería prevé tamén un incremento das actividades para este ano dentro do programa Coruña Emprega. Tal e como expuxo o responsable do departamento, crearanse novos itinerarios de inserción laboral en sectores que están xerando emprego, haberá máis sinaturas de convenios con entidades sociais para o Pacto Local e incrementaranse os grupos IMO, nos que se porá especial atención á mellora do traballo precario. Ademais, o Concello promoverá a creación de redes de intercambio metodolóxico e técnico, tanto locais como de ámbito supramunicipal.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...