Home » Uncategorised » Currently Reading:

Unha obra de Ernesto Is sobre María Casares gaña o Premio Rafael Dieste de Teatro da Deputación da Coruña

noviembre 18, 2017 Uncategorised No Comments

A obra Despois das ondas de Ernesto Is é a gañadora do XVII Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña. A obra leva de novo á escena á grande actriz galega exiliada en Paría, María Casares.

Un xurado composto por Inma López Silva, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Paula Carballeira, Eva F. Ferreira e Manuel Núñez Singala, coa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei como presidenta e a xefa de servizo da área, Mercedes Fernández Albalat como secretaria, decidiu elixir como gañadora da XVII edición do Premio de Teatro Rafael Dieste á obra “Despois das ondas” da que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Ernesto Is. O texto de Ernesto Is impúxose na deliberación do xurado, por maioría, ás 47 obras presentadas.

A obra Despois das ondas leva de novo a escena a figura da actriz María Casares, unha das grandes figuras do teatro europeo, exiliada en Francia e nacida na Coruña (1922). O xurado estimou que a obra ofrece “moitas posibilidades de representación e gran liberdade na posta en escena”.

Destaca tamén que o texto gañador “mestura realidade e ficción e propón unha transformación dramática da realidade”. Ademais, a obra ten tamén o valor de recuperación da memoria histórica a través da figura dunha grande actriz do exilio.

O premio consiste en 6.500 € ademais da publicación da obra e a posta en escena.

O autor, Ernesto Is, (Ernesto Suárez Is, Gijón, Asturias, 1988) é titulado en arte dramática pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) na especialidade de Dramaturxia e traballa como profesor de teatro e dramaturgo. Traballou tamén no ámbito do audiovisual como operador de cámara, produtor, guionista e editor de vídeo e son.

Canda o director César No fundou a compañía Feira do Leste, coa que estreou os espectáculos Exilio das Moscas e a peza de danza e teatro Tras Tannhäuser. Entre as súas publicacións destacan Fendas (Difusora de Letras, Artes e Ideas, 1917), coa que gañou o pasado ano o XI Premio ABrente de Textos Teatrais, ou O ceo baixo Berlín (Revista Galega de Teatro, 2015).

En anteriores edicións, gañaron o premio autores e autoras como Roberto Salgueiro, Xosé Pacho e Ze Paredes, Alberto Guede, Santiago Cortegoso, Teresa Moure, Gustavo Pernas, Manuel Lourenzo, Xavier Lama, Xesús Pisón, Raúl Dans, Roberto Vidal e Xesús Pisón.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...