Home » coruna » Currently Reading:

Valentín González Formoso inaugura a XVII Feira das Artes Plásticas da Coruña

julio 14, 2018 coruna No Comments

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asistiron á apertura ao público da XVII Feira das Artes Plásticas da Coruña que organiza a Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA) e que se desenvolverá desde ata ao 22 de xullo nos xardíns de Méndez Núñez da cidade herculina.

O presidente da Deputación conversou con algúns dos trinta e un artistas que participan nesta edición e que inundarán de arte e creatividade outro ano máis esta zona tan emblemática da cidade da Coruña. González Formoso destacou a feira supón “un excelente escaparate para dar a coñecer ao público coruñés a creatividade desta provincia e a extraordinaria calidade dos seus artistas ”

Ademais da exposición, haberá actividades paralelas, como un concurso de pintura infantil e un taller de gravado para nenos e nenas de todas as idades, que animaran as xornadas da Feira.

Nesta edición, os artistas participantes serán Ana Lamuño, Ángeles Jorreto, Carmucha Vázquez Prats, Cristina González López, Demoreiras, Emilio Celeiro, Enrique Castro, Félix L. Díaz, Francis Marrouch, Gabi Carrera, Ingrid Soilan, Joam Berride, Jorge Giovani Ramírez, Laura Doldan, Laureano Vidal, Mª Amparo Genoves, Maica Alonso, Manuel Gandullo, Manuel Grela, Mercedes Molares, Nemi Panela, Novais, Paco Ascón, Pedro Bueno, Pilar Cancio, Pilar Fandiño, Ramón Astray, Rosa Guisan, Silvia Giammatteo, Susana de Artaza e Vanessa Lodeiro.

 

70 artistas integran ARGA

Na actualidade, ARGA está composto por 70 artistas que comparten  un traballo apaixonante como é o arte nas súas distintas modalidades: pintura, gravado, escultura, fotografía e incluíndo a relación con literatura e poesía.

Pero esta asociación xa amosou o seu compromiso coa cultura dende que en outubro de 2001 na cidade de Vigo, sete artistas formaran un embrión de asociación que, con ganas de facer cousas en común, non deixou de dinamizarse e incorporar novos artistas e novas tendencias.

ARGA legaliza os seus estatutos en 2002, e a xunta directiva da asociación márcase un obxectivo claro que pasa por establecer relacións con institucións, tanto públicas como privadas, realizando feiras de arte, exposicións, simposios, edición de catálogos, certames de pintura, participación en distintos encontros de pintores e poetas, viaxes culturais… así como dispoñer dunha sala de exposicións permanente que actualmente se atopa situada na rúa San Andrés e na que os socios expoñen as súas obras sen interrupción.

Entre os proxectos realizados máis destacados de ARGA atópanse a participación no Simposio Nacional de Acuarela, o Artencontro 2010, a creación da paleta de prata e a insignia de oro da asociación, ademais de numerosas exposicións das obras dos seus artistas.

Comment on this Article: