Home » coruna » Currently Reading:

Valentín González Formoso recibe na Deputación á ministra de Economía e Empresa, Nadia Calviño

octubre 9, 2018 coruna No Comments

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu na sede da institución provincial á ministra de Economía e Empresa do Goberno de España, Nadia Calviño.

No salón de plenos, a ministra escribiu un pequeño texto no Libro de Ouro da Deputación, agradecendo “a hospitalidade a esta coruñesa de corazón” durante un acto ao que asistiron tamén o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e os portavoces dos distintos grupos políticos representados na corporación provincial.

González Formoso agradeceu en nome da corporación a visita da ministra e explicoulle brevemente algunhas das principais liñas do Goberno provincial relacionadas coas áreas de Economía e Empresa, como o Plan Único, o maior plan de investimentos das deputacións galegas e un dos máis importantes de España, ou a aposta pola creación de emprego que está a desenvolver o Goberno provincial.

O presidente provincial obsequiou á ministra cunha figura do guardián de Mariñán elaborada en cerámica de Sargadelos,

Comment on this Article: