Home » coruna » Currently Reading:

Xiao Varela anuncia a disposición do Concello para outorgar as primeiras licenzas de ocupación do Ofimático “dado o avance das obras municipais e o traballo desenvolvido cos e coas cooperativistas”

noviembre 25, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, visitou a evolución das obras do parque Ofimático cun grupo de representantes das cooperativas. Tal e como sinalou o edil, os traballos de urbanización que dependen do Concello e nos que a administración local é completamente autónoma “están practicamente rematados”. “A obra civil que é de responsabilidade municipal avanza a moi bo ritmo, e contamos con que estea finiquitada contra o final de ano”, explicou o responsable municipal que salientou, non obstante, a necesidade de que a empresa eléctrica Gas Natural Fenosa “ acometa as actuacións necesarias que son da súa competencia para poder dotar ao polígono de subministro eléctrico”. O edil indicou que esta actuación será fundamental para poder outorgar as licenzas de primeira ocupación. “Tal e como avanzan as obras que son competencia municipal e tal e como se está a desenvolver o traballo que estamos levando a cabo cos cooperativistas, o Concello estaría en disposición de outorgar as primeiras licenzas de ocupación unhavezqueoparquecontecontodososservizos”,indicouVarela.

“Este goberno comprometeuse con todas as cooperativas a estudar a documentación previamente á concesión das licenzas de primeira ocupación, de cara a axilizar a entrada das familias, e que as entidades cooperativas puideran ter resoltas hipotéticas deficiencias mentres avanzaban as obras imprescindibles. A cooperativa da Carnocha foi a única, até o momento, que presentou a documentación precisa para a concesión da licenza de primeira ocupación que foi avaliada polos técnicos municipais”, afirmou o edil. “O proceso está encamiñado, pendente de completar a documentación, e o Concello estará en disposición de outorgar as licenzas de ocupación no momento no que o Ofimático dispoña de todos os servizos pertinentes”, expuxo Varela. Ao fío, o titular da área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda convidou ao resto das cooperativas a que presenten a documentación “para que se poida ir analizando e adiantando traballo”.

Subministro eléctrico

Durante a visita, o concelleiro Varela reiterou a necesidade de que Gas Natural Fenosa inicie os traballos necesarios que son da súa competencia para garantir o subministro eléctrico ao futuro barrio. Tal e como destacou, a empresa “comprometeuse o pasado 8 de novembro a iniciar as actuacións, pero aínda non comezaron”. “Responsables de Gas Natural Fenosa acordaron nunha visita arrancar coas actuacións relacionadas co soterramento das liñas de media tensión nun prazo de dúas semanas. Tanto os e as cooperativistas como o goberno local somos conscientes da importancia de que os responsables desta empresa aborden de forma inmediata os traballos posto que para poder ter subministro eléctrico no Ofimático e, por tanto, poder outorgar definitivamente as licenzas de primeira ocupación. Estamos pendentes dunhas obras que non presentan grande complexidade pero que son imprescindibles, como é o soterramento das liñas de media tensión”, dixo. En concreto, a compañía debe acometer actuacións tanto na subestación eléctrica de Eirís, como nunha zona da contorna da rotonda de Matogrande.

A este respecto, o responsable municipal evidenciou que o Concello “xa se adiantou á canalización e pavimentación nos accesos de Eirís, de cara a axilizar a finalización das obras unha vez a eléctrica actúe”. “É fundamental que a compañía cumpra co compromiso que lle fixo ao propio alcalde da Coruña, e inicie os traballos que son da súa competencia”, reiterou.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...