Home » Uncategorised » Currently Reading:

Xiao Varela ensina aos e ás cooperativistas o avance nas obras de urbanización que o Concello acomete no Ofimático

septiembre 16, 2017 Uncategorised No Comments

Este venres, o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, ensinou de primeira man a representantes dos e das cooperativistas do parque Ofimático o avance das obras de urbanización que está a desenvolver a administración local no polígono, imprescindibles para poder outorgar as primeiras licenzas de ocupación. O edil salientou especialmente “o bo ritmo” das actuacións que se están a realizar na zona dos accesos desde Eirís, e que son fundamentais para a implantación das instalacións previas á pavimentación e á colocación de firmes neste ámbito. “Tal e como van as cousas, poderemos xa abordar, de xeito inminente, a pavimentación”, destacou o responsable municipal. “Isto será fundamental para reorganizar e regular o tráfico dentro deste ámbito”, engadiu.

O proxecto de urbanización da separata do proxecto modificado número 1 do sector 10 Parque Ofimático foi adxudicado o pasado mes de xuño á UTE Arias Infraestructuras-Comsa Instalaciones y Sistemas Industriales SLU, conta cun orzamento de 2,6 millóns de euros e ten un prazo de execución de seis meses. As actuacións en marcha están dirixidas a dotar o Ofimático tanto de acceso rodado como de todos os servizos imprescindibles, como son a pavimentación de accesos, dotación de iluminación, abastecemento, rede eléctrica, saneamento, e outras intervencións relativas á seguridade de bens e persoas, como a colocación de valados e proteccións en desniveis ou instalación de tapas, entre outras. A área municipal de Rexeneración

Urbana realiza semanalmente visitas ás obras de cara a verificar os avances das mesmas. “Nesta xornada, ademais estar presente persoal da adxudicataria e da dirección de obra, decidimos invitar a representantes das cooperativas do Ofimático a visitar con nós as obras, non só para que poidan coñecer de primeira man os avances, senón tamén para comentar con eles a situación das súas propias parcelas, xa que pretendemos abordar de forma coordinada as obras da administración pública coas que se están a levar a cabo nas parcelas privadas”, comentou o responsable municipal.

Varela salientou tamén “o traballo que o Concello está a realizar, en paralelo, tanto con Unión Fenosa como coa propia Consellería de Industria da Xunta, tendo en conta que unha parte substancial dos traballos que se van a acometer están relacionados coa subministración eléctrica”. “Necesitamos que faciliten o subministro ao sector, e aí tamén estamos a insistir e manter conversas, de cara a poder axilizar o proceso”, ratificou.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...