Home » Trafico » Currently Reading:

Xustiza Social duplica no seu proxecto de Orzamentos para 2017 as axudas destinadas ao mantemento da frota de taxis adaptados a persoas con diversidade

noviembre 12, 2016 Trafico No Comments

A Concellería de Xustiza Social, dirixida por Silvia Cameán, duplicou no seu proxecto orzamentario para 2017 a contía do convenio municipal coa Asociación Local de Autotaxis da Coruña destinada ao mantemento da súa frota de vehículos accesibles. Dende 2014 a cantidade achegada pola Administración Local mantíñase en 7.000 euros, sendo a intención do Goberno local chegar aos 15.000 euros. Neste momento, na cidade funcionan oito taxis adaptados para persoas con diversidade funcional, e a previsión é que o ano remate cun incremento de tres turismos máis con estas características. A responsable municipal explica que “esta achega, que atende ademais ás peticións deste colectivo, facilitará que máis profesionais do taxi aposten por adaptar os seus vehículos, e entronca con todos os esforzos que está a facer este Goberno para lograr que esta sexa unha cidade completamente accesible”.

“As administracións deben dar facilidades para promover as accións da cidadanía encamiñadas á accesibilidade. Os taxis adaptados pesan máis, polo que o seu gasto en mantemento é maior. Co incremento deste convenio damos un paso máis no camiño por favorecer a normalización da vida de persoas con distintas diversidades”, sinala a concelleira, quen tamén recorda que o seu departamento adicou este ano a cantidade de 100.000 euros ao servizo de Bono-taxi, que consiste en axudas económicas dirixidas a persoas con problemas de mobilidade que dificulten o uso do transporte público colectivo.

Comment on this Article:







*