Home » coruna » Currently Reading:

Xustiza Social eleva un 24%, ata 155.000 euros, o crédito para as axudas de Bono Taxi “para reforzar un programa que atende as necesidades das persoas con diversidade funcional e contribúe a súa autonomía”

mayo 4, 2018 coruna No Comments

​A Concellería de Xustiza Social e Coidados aumenta nun 24% o orzamento das axudas de Bono Taxi para este ano. A Xunta do Goberno local ten previsto autorizar hoxe venres unha ampliación de crédito de 30.000 euros que, sumandos aos xa consignados, elevan ata 155.000 o importe total da convocatoria, que ten como obxectivo axudar nos seus desprazamentos a persoas con diversidade funcional que teñan problemas para o uso do transporte público. Estas axudas son concedidas en formas de bonos que os e as usuarias poderán cambiar por viaxes en taxi. A responsable do departamento de Xustiza Social, Silvia Cameán, indica que “o Goberno local quere reforzar a súa aposta por programas que atendan as necesidades das persoas con diversidade funcional e contribuír tamén á súa integración social e autonomía”.

A convocatoria de axudas para o Bono Taxi rematou o seu prazo ordinario de solicitude con 178 peticións presentadas, que están en proceso de valoración, o que suman 25 máis que no pasado ano. As bases da axuda, que contemplan tamén unha convocatoria extraordinaria ata finais de setembro para poder atender situación sobrevindas, incorporan xa dende o pasado ano novidades “que fan posible tramitar con rapidez estas axudas, como é que as persoas que xa foron adxudicatarias no pasado non teñen que presentar de novo toda a documentación requirida senón unha declaración responsable que indique que as condicións se manteñen”. Ademais, a edil salientou que “o Concello incrementou o límite máximo de renda marcado para poder ser beneficiario desta axuda, dende o 200% do IPREM (índice estatal que serve de baremo para a concesión de prestacións) até o 210%”. “Son dúas modificacións que simplifican e facilitan a tramitación para as persoas que solicitan cada ano a axuda, á vez que amplían a base dos e das beneficiarias”, indica Cameán.

A Concellería de Xustiza Social e Coidados concedeu o pasado ano 135 axudas, das que un 88%, 123, tiveron a asignación completa, que ascende a 840 euros ao ano. Para as restantes, que suman 12, foron aprobadas axudas do 50% da contía, xa que se trata de casos que xa dispoñen dunha prestación similar da Xunta de Galicia. Unha vez se proceda á resolución da convocatoria, o Concello entregará os Bono Taxi en soporte cartón electrónico ou en papel polo importe total da axuda concedida anualmente en cheques de 0,5, 1 e 3 euros. Serán os e as taxistas as que posteriormente facturen ao Concello os servizos prestados.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...