Home » ESPECTACULOS » Currently Reading:

A Concellería de Culturas programa esta fin de semana actividades dirixidas a todos os públicos polo Día Internacional dos Museos

mayo 15, 2018 ESPECTACULOS No Comments

​A Coruña celebrará esta fin de semana o Día Internacional dos Museos, que este ano abordará, baixo o lema ​Museos hiperconectados: novos enfoques, novos públicos​, a oportunidade que supón a tecnoloxía para os espazos museísticos, así como para o fomento da conexión coa comunidade, a súa paisaxe cultural e contorna natural. Co gallo desta efeméride, a entrada aos recintos municipais será gratuíta, tal e como apunta a ordenanza fiscal no 16 que regula as taxas de prestación de servizos nos museos e outras instalacións culturais do Concello. Así, o vindeiro venres 18, o acceso será libre nos tres museos científicos, o Aquarium Finisterrae, Casa das Ciencias e Domus, así como na Torre de Hércules. O monumento histórico, ademais, programará o sábado 19 un taller de pintura para nenas e nenos de entre 6 e 10 anos, no que se pode formalizar a inscrición a través do correo ​torredehercules@coruna.es​.

Nas Casas Museo ofreceranse actividades específicas o sábado 19, como un ​photocall hiperconectado​, un espectáculo de improvisación teatral ou ​visitas exprés ás ​instalacións. Así, durante toda a xornada do sábado, de 12.00 a 14.00 horas, e de 17.00 a 20.00 horas, ofreceranse visitas de 15 minutos de duración, de maneira ininterrompida, nas Casas Casares Quiroga, María Pita e Picasso. Tamén no mesmo horario e nas prazas das contornas próximas ás tres casas –Campo da Leña, praza das Bárbaras e praza de Pontevedra–, instalarase un photocall temático sobre cada unha das casas e das figuras de referencia. A actividade contará, ademais, cunha monitoria que convidará á cidadanía a achegarse e coñecer o contido destes equipamentos. Finalmente, na Casa Museo Casares Quiroga terá lugar, ás 20.00 horas, un espectáculo de improvisación teatral da compañía Cousas Veredes, e que se centrará tanto nas propias casas museo e a súa relación coa tecnoloxía.

Pola súa banda, o Museo Arqueolóxico tamén ofrecerá entrada libre o sábado 19, día no que, festexará tamén a ​Noite dos Museos cun horario ininterrompido de 10.00 a 00.00 horas. Entre as propostas que se ofrecerán nesta xornada, están as visitas guiadas ás instalacións, que terán lugar ás 12.00, 18.00 e 22.00 horas. A duración estimada de cada unha destes percorridos, dirixido ao público adulto, será dunha hora e media. As prazas para as tres visitas serán limitadas e por rigoroso orden de presentación, que se deberá facer no museo 5 minutos antes do inicio da visita. Ademais, para o público infantil, ofreceranse obradoiros de arqueoloxía Instrumentos musicais na Prehistoria​, nos que as nenas e nenos coñecerán diferentes instrumentos deste período e crearán os seus propios durante o taller. A iniciativa, que comezará ás 11.30 horas, será de dúas horas de duración e as inscricións para participar poderanse formalizar desde mañá, martes 15, no teléfono 981.189.850 ata completar as prazas.

Para o público de entre 12 e 30 anos, o programa Nocturnia ofrece, tamén no Museo Arqueolóxico, a posibilidade de participar tanto no obradoiro Oleiros do pasado​, que terá lugar entre as 20.30 e as 22.30 horas, e o roteiro Cidade e Historia: un castelo con historia, que se desenvolverá entre as 21.00 e as 23.00 horas. A inscrición nestas actividades, tamén gratuítas, débese facer a través do web municipal ​www.coruna.gal/cmix​.

Ademais destas iniciativas, as salas de exposicións municipais ofrecen a súa programación habitual ampliando o seu horario o sábado 19. Así, a cidadanía poderá visitar mostra ​Galicia, meu estudio de José Caruncho entre as 12.00 e as 14.00 horas, e das 18.00 ás 22.00 horas. Na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, poderase visitar ​Ilustrando Galicia​, de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas. Completando a proposta municipal, o Pazo de María Pita recordará o 50 aniversario do Maio do 68 francés cunha exposición que se inaugurará mañá ás 19.00 horas.

A oferta cultural na cidade completarase con actividades noutros espazos, como o Museo de Belas Artes, o Museo de Arte Sacro, o Museo Estatal de Ciencia e Tecnoloxía ou o Museo de Arte Contemporánea, entre outras instalacións. Para máis información, pódese visitar a páxina webwww.coruna.gal/cultura​.

Comment on this Article:







*

RSS AGENDA EVENTOS

  • Ha ocurrido un error, probablemente el feed esté caído. Inténtalo de nuevo más tarde.