Home » QUE VISITAR » Recent Articles:

O Concello amplía o servizo do autobús nocturno durante a XXIII Feira das Marabillas, que comezará este xoves

julio 19, 2017 QUE VISITAR No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible lembra que, co gallo da celebración da Feira das Marabillas, que se celebrará desde este xoves, día 20, ata o martes 25 de xullo na Cidade Vella, e á fin de dar cobertura á veciñanza dos distintos barrios da Coruña que queiran achegarse á festa, o Goberno local ampliará o servizo da liña 1, que realizará a última saída desde o hospital Abente y Lago ás 23.45 horas, e incorporará unha unidade máis ao Búho, que realizará o percorrido á inversa ao sentido habitual. Dado que todo o evento se desenvolve na contorna e interior da Cidade Vella, ademais, as saídas que habitualmente se levan a cabo desde o Obelisco pasarán a realizarse desde o hospital Abente y Lago.

Así, o primeiro Búho realizará a súa primeira saída ás 23:30 horas, e circulará polos paseos do Parrote e Dársena, Porta Real e Obelisco, continuando desde este punto polo seu percorrido habitual. O segundo Búho efectuará a súa primeira saída ás 00:05 horas da noite, tamén desde o Abente y Lago. O autobús realizará o percorrido á inversa que o primeiro: unha vez no Obelisco,continuará polos Cantóns ata praza de Ourense, Catro Camiños, avenida de Oza, Os Castros, Castrillón, avenida de Monelos, Salvador de Madariaga, entorno de Matogrande, San Cristóbal e Birloque, regresando por Pablo Picasso, estación do Ferrocarril, ronda de Outeiro, Labañou, Riazor, praza de Pontevedra, Porta Real e Abente y Lago. As frecuencias do servizo público de transporte nocturno serán de 30 minutos, con saída ás horas en punto no sentido Os Castros – Castrillón, e ás medias no sentido Labañou – Ronda de Outeiro. … Leer más

A piscina da Fábrica de Armas dará servizo á veciñanza de forma gratuíta até o 17 de setembro

junio 18, 2017 QUE VISITAR No Comments

A piscina situada das instalacións deportivas da Fábrica de Armas, xestionada pola empresa municipal EMVSA, abre as súas portas ao público dende onte, sábado 17 de xuño de forma ininterrompida até o 17 de setembro en horario de 12.00 horas a 20.00 horas. O acceso á veciñanza será gratuíto. Do mesmo xeito tamén serán accesible a zona de ocio, as pistas deportas, a área de xogos infantís e o resto dos equipamentos do recinto.

É o Concello da Coruña, a través da Empresa Municipal de Vivenda, quen asume integramente o custo de manter este servizo, que dá servizo aos barrios de Palavea, Pedralonga, Santa Xema e Eirís.

A Coruña celebra o Día dos Museos con actividades entre o 18 e o 20 que “achegan á veciñanza a un dos sinais de identidade desta cidade”

mayo 18, 2017 NOCHE, QUE VISITAR No Comments

A cidade da Coruña acollerá entre o xoves 18 e a noite do sábado 20 actividades en todos os centros museísticos da cidade, co obxectivo de “achegar á veciñanza a un dos sinais de identidade desta cidade”. Así se manifestou o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, que salientou que “a aposta do Goberno local pola transmisión da cultura e o coñecemento a través deles queda referendada”. Desta forma, o Kiosco Alfonso, ademais do Museo Arqueolóxico, a Casa Museo María Pita, a Casares Quiroga, a Casa Museo Picasso, a Casa da Cultura Salvador de Madariaga, a colección do Pazo municipal de María Pita, a Fundación Luís Seoane e a Torre de Hércules, contarán con diversas actividades de balde e para todos os públicos, ao igual que outras institucións de transmisión de coñecemento que non son dependentes do Concello, pero coas que colabora de xeito puntual, como é o caso da Sede de Afundación, Galería Vilaseco, Fundación Barrié, Galería de Arte Xerión, Museo Militar e o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt). As actividades programadas van dende visitas guiadas especializadas para nenos e nenas e familias ate animacións teatrais, obradoiros de arqueoloxía e prehistoria e actuacións. (Ver documento adxunto). Ademais, está previsto que os museos científicos da cidade (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae) teñan unha xornada de portas abertas de balde o día 18.

Entre as actividades específicas do xoves 18 destaca a mesa redonda sobre Museos e Historias Controvertidas: A Torre de Hércules e os espazos de memoria , que organiza a Torre de Hércules e que terá lugar ás 20.00 horas. Na mesma participarán Carmen Rodeja, en representación da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica; Ana Martínez Arenas, técnico do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, e Emilio Grandío, historiador e representante do Proxecto Cárcere. O debate estará moderado por Ana Santorum, a directora da Torre de Hércules. Pola súa banda, a Fundación Luís Seoane tamén contará mañá, día 18 cunha actividade especial denominada Paint it blue: vente apropiar do museo connosco! , unha xornada de portas abertas na que se convidará aos e ás asistentes a intervir o propio espazo museístico con cinta de enmascarar azul. Será entre as 17.00 horas e as 21.00 horas e contará coa colaboración das artistas Eva Agra, Vanesa Trinidad e Ernesto de Cico.

Sábado 20

O groso das actividades do Día dos Museos terá lugar este sábado 20, xornada na que tamén se celebrará a Noite dos Museos, de forma que moitos dos centros de exposicións manterán as súas portas abertas até a medianoite. Así o fará o Museo Arqueolóxico, que contará con visitas guiadas en horario de 12.00 a 13.30 horas e de 22.00 horas a 23.30 horas, mentres que as casas museos da cidade manterán o seu horario de apertura até as 22.00 horas. Pola súa banda, o sábado, a Torre de Hércules estará aberta de 10.00 horas a 21.00 horas, con entrada gratuíta. No centro de Interpretación (CIAV) haberá unha exposición de material de recreación romana, a cargo da Asociación de Recreadores de Galicia.

PROGRAMACION ENTROIDO 2017

febrero 15, 2017 QUE VISITAR No Comments

A Domus celebrará este sábado 17 unha xornada de portas abertas co gallo da feira científica UDCiencia

diciembre 14, 2016 QUE VISITAR No Comments

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, dirixida por José Manuel Sande, informa que o próximo sábado, 17 de decembro, o museo Domus acollerá unha nova edición da feira científica UDCiencia, unha iniciativa que está a desenvolver a Universidade da Coruña en colaboración co Concello, e que ten como obxectivo achegar a cultura científica á cidadanía. Co gallo desta celebración, a entrada ao museo será gratuíta durante toda a xornada, que manterá o seu horario habitual de apertura, de 11.00 a 19.00 horas.

A feira de divulgación científica ofrecerá unha serie de dez talleres interactivos deseñados para públicos de todas as idades, coa colaboración do profesorado e persoal de investigación do centro de estudos superiores coruñés. Así, as persoas que se acheguen este sábado ao museo poderán participar en obradoiros arredor do mundo das algas para coñecer a súa diversidade e aproveitamento gastronómico, ou das plantas carnívoras e como obter nutrientes das mesmas. A feira tamén ofrecerá explicacións sobre as especies invasoras –tanto animais como plantas–, ou a biodiversidade terrestre e mariña, un obradoiro no que as e os visitantes poderán achegarse ás relacións ecolóxicas que se dan nos diferentes ecosistemas.

Outro dos talleres interactivos ofrecerá a posibilidade de convertirse, por un día, en forense, e practicar o revelado de pegadas dactilares, a detección de documentos falsos ou a busca de probas con técnicas de fluorescencia. Ademais, será posible experimentar con nitróxeno líquido e xeo seco, ou obter electricidade a partir de vexetais. Finalmente, realizaranse obradoiros sobre o poder das enzimas como máquinas biolóxicas e explicaranse conceptos como PH, acedo ou base mediante a aplicación de reaccións. Para máis información sobre a feira e a Domus, pode visitarse a páxina web dos Museos Científicos Coruñeses, w ww.mc2coruna.org

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a esta web y recibir notificaciones de nuevas entradas.

RSS AGENDA EVENTOS

  • Ha ocurrido un error, probablemente el feed esté caído. Inténtalo de nuevo más tarde.