Home » ESPECTACULOS » Currently Reading:

Esta fin de semana volve Galerías San Agustín coa 4º edición de CREADORES no Mercado de San Agustín

septiembre 7, 2018 ESPECTACULOS No Comments

Tras o descanso do verán volven os eventos na primeira planta do Mercado de San Agustín. Galerías San Agustín volve coa edición de 4º edición de CREADORES o Sabado de 11:00-21.00h e o Domingo 11:00-19:00h.

Diferentes marcas e artistas emerxentes expoñerán a súa venda de productos. Marcas como Farrapos e Contos de moda sostible, Ptit and Co de Xoiería minimalista ou marcas para mascotas como Bichoh! Ou Permigú con colares e comedeiros de animáis do mais orixinais. Tamén estarán presentes marcas de artesanía que traballan o coiro coma Cuero y Alma.

Coma sempre haberá Sesión Vermut con música en directo, o sábado con Grupo Bis a Bis e o Domingo con Edu Calvario de 14:00-16:00h.

Talleres e actividades gratuitas para nenos tamén estarán presentes ao largo da fin de semana. Crearánse xoguetes con productos reciclados da man de a Ola Creativa e haberá un concurso de debuxo creado por Farrapos e Contos. Tamén haberá actividades infantís gratuitas en horario ininterrupido durante todo o horario de apertura do evento.

Para se inscribir nos talleres e actividades, poderáse enviar un email a galeriassanagustin@gmail.com ou ben no punto de información os días do evento.

Adxuntamos cartel. Tamén haberá información complementaria nas redes sociais: @galeriassanagustin

Comment on this Article: