Home » ESPECTACULOS » Currently Reading:

O mercado de San Agustín acolle dende este sábado a terceira edición do Boucatise, que ofertará 20 variedades de bocadillos gourmet

diciembre 1, 2017 ESPECTACULOS No Comments

O mercado de San Agustín acolle dende mañá sábado, día 2 de decembro, é ata o domingo, día 3, o III Festival do Bocata Gourmet Boucatise, no que, durante dous días e en horario de 12.00 a 18.00 horas, os establecementos participantes servirán aos visitantes 20 variedades de bocatas diferentes. O evento amplía este ano a 14 os establecementos e, como novidade, abre unha canle de colaboración coa gastronomía e o turismo doutras zonas de estado coa suma dun local de Valencia, como destino invitado. Ademais, o programainclúe,aolongodosdousdías,varios’showcooking’.

Así, o mercado de San Agustín contará con stands de coñecidos establecementos coruñeses como o Alma Negra , Arallo Taberna , Bocanegra , Culuca Cociña-Bar , Casa Pardo , a Gastroteca , La Conquista , La Consentida, Food &Soul , Malte , Miga , Oído Cocina !, Pablo Gallego Restaurante , o Roots e, como novidade, un local de fóra da cidade que neste caso é o Platero Utopic Food de Valencia, que participa como destino invitado, dentro das accións vinculadas á participación da Coruña na rede de cidades gastronómicas Saborea España.

O sábado, os protagonistas dos showcookings serán David Fariña, do Alma Negra , Fernando Estévez, do Roots , Juan Fernández, do Malte e Pablo Gallego, do restaurante homónimo. O domingo, abrirá a sesión de showcooking s Javier Rodríguez Ponte ‘Taky’, de Boketé , e estarán tamén Tino Otero, de Porto Muíños , e Iván Domínguez, do restarante Alborada , recoñecido cunha estrela Michelín. O cociñeiro valenciano Alejandro Platero, de Platero Utopic Food , estará presente nas dúas xornadas.

Sesións musicais e zona Kids

Como nas anteriores edicións, o Boucatise contará con sesións musicais a cargo de dous picadiscos da cidade, DJ Richard e DJ Cuco , e terá unha ‘zona kids’ e un espazo de aparcamento vixiado para carros de bebé, ambos na planta baixa do mercado.

Por outra banda, entre as accións de difusión deste evento gastronómico realizarase unha promoción a bordo dun dos avións de Vueling que cobren a ruta entre A Coruña e Barcelona a cargo do cociñeiro Iván Domínguez, unha actividade na que participarán profesionais do sector de todo o Estado.

Como explicou o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, na presentación do evento, entre os obxectivos do festival está fomentar á calidade e a variedade gastronómica de A Coruña e a posta en valor dos mercados “como espazos que, ademais de dar a posibilidade de abastecer e ofrecer produto fresco, permitan celebrar eventos vinculados coa actividade primaria das prazas de abastos”. Tamén destacou o apoio ao sector da restauración da cidade e a importancia deste tipo de iniciativas para situar A Coruña no mapa das actividades gastronómicas.

Toda a información do Boucatise pode consultarse na páxina web do evento,

www.boucatise.coruna.es

Comment on this Article:







*

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a esta web y recibir notificaciones de nuevas entradas.

RSS AGENDA EVENTOS

  • Ha ocurrido un error, probablemente el feed esté caído. Inténtalo de nuevo más tarde.