Home » Noticias » Currently Reading:

A Concellería de Xustiza Social abre hoxe, 3 de abril, o prazo de reserva de matrícula para o próximo curso nas escolas infantís municipais

abril 2, 2018 Noticias No Comments

​O período de solicitude de reserva de praza para o alumnado xa escolarizado na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) comeza hoxe, 3 de abril, e estará aberto ata o día 12. Tal e como informan desde a Concellería de Xustiza Social e Coidados, o calendario do proceso de admisión para o curso 2018-2019 establece que, unha vez acabe este período de reserva de matrícula, coñecerase a dispoñibilidade de prazas para os nenos e nenas de ata 3 anos que comecen a súa escolarización na REIM, que poderán solicitala entre o 17 de abril ata o 4 de maio, ambos días incluídos. Os listados provisionais da adxudicación das prazas coñecerase o 14 de maio e, tras un período de reclamacións, farase pública o día 1 de xuño a lista definitiva de nenos e nenas admitidos e en lista de agarda. Será polo tanto o primeiro de xuño cando se abra o prazo de matrícula, que se pechará o día 14 de xuño.

A Rede de Escolas Infantís Municipais conta con nove centros -A Caracola, Arela, Agra do Orzán, Carricanta, Os Rosais, Luís Seoane, Monte Alto, Os Cativos, Carmen Cervigón-, que ofertan 829 prazas. Para acceder a estas escolas, é preciso que o ou a menor teñan cumpridos, como mínimo, os 3 meses de idade na data de comezo do curso e non ter 3 anos a 31 de decembro de 2018. Ademais, terán prioridade os nenos e nenas empadroados no Concello antes do pasado 1 de xaneiro.

Toda a información sobre o proceso de matrícula para a Rede de Escolas Infantís Municipal está dispoñible no portal web ​www.edu.coruna.es/ga/reim​.

Comment on this Article:







*