Home » Taller » Currently Reading:

A OMIC abre o período de preinscrición para participar na súa Escola de Verán 2018, destinada “a que os e as máis pequenas adopten hábitos de consumo seguro e coñezan o comercio de proximidade”

junio 12, 2018 Taller No Comments

​A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) ten xa aberto o período de preinscrición para a súa Escola de Verán 2018, unha programación educativa específica dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos e que ten como obxectivo que adquiran competencias e hábitos de consumo seguro, así como que coñezan e valoren as características diferenciadoras do comercio de proximidade.

A Escola de Verán divídese en dúas quendas diferenciadas segundo grupos de idade. A primeira desenvolverase entre o 2 e o 13 de xullo e ten como destinatarias as nenas e nenos de entre 4 a 6 anos (nacidas entre 2012 e 2014). Esta queda estará dedicada a consumo e novas tecnoloxías e busca “facilitar ferramentas que garantan a adopción de bos hábitos de seguridade, facendo usuarias e usuarios conscientes da súa propia responsabilidade en relación co uso das novas tecnoloxías”. A segunda quenda, destinada ao grupo de alumnos e alumnas de 7 a 10 anos celebrarase entre o 16 e o 30 de xullo, e ten como obxectivo “coñecer a importancia da compra de proximidade identificando os establecementos e as áreas comerciais locais”. Estas actividades terán un horario de 09.00 a 13.30 horas, aínda que para facilitar a conciliación, os e as nenas poderán acceder ás instalacións da OMIC a partir das 08.30 horas.

O período de preinscrición manterase aberto até o vindeiro 21 de xuño e realizarase de forma exclusivamente telemática a través da páxina web ​www.coruna.es/omic​. Nas propias oficinas da OMIC facilitarase asesoramento e equipos informáticos para realizar a preinscrición no caso de ter dificultades para facelo. Posteriormente, as prazas adxudicaranse mediante sorteo público o vindeiro 22 de xuño, ás 11.00 horas. A lista de persoas admitidas poderá consultarse a partir das 14.00 horas do mesmo día na propia OMIC, no teléfono do 010 ou na web municipal.

A inscrición definitiva terá que formalizarse entre o 25 e o 29 de xuño entre as 08.00 e as 13.30 horas nas instalacións da OMIC na Costa da Palloza, 8.

Comment on this Article:

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.