Home » CAMPAMENTOS » Recent Articles:

Oito centros escolares da cidade ofrecen este verán case un millar de prazas no programa municipal Campacole 2017, para favorecer a conciliación

junio 27, 2017 CAMPAMENTOS No Comments

Oito centros escolares da cidade ofrecerán ao longo deste verán e a través de tres quendas distintas 980 prazas para que alumnos e alumnas participen nas actividades que oferta o programa Campacole Verán 2017 que, posto en marcha polo Concello en base a un convenio coa Federación Provincial de ANPA, serve para favorecer a conciliación no ámbito persoal. A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, destacou que “este programa, ao igual que moitos outros que este verán favorecerán a conciliación, ten en conta tamén criterios de renda, posibilitando que menores de familias con rendas baixas poidan acceder a todos os servizos que se ofertan sen ter que aboar nada”. En concreto, os Campacoles son programas de actividades cun formato de campamentos urbanos que se desenvolven nos CEIP Anxo da Garda, Curros Enríquez, Emilia Pardo Bazán, Manuel Murguía, Ramón de la Sagra, Sagrada Familia, San Pedro de Visma e Sanjurjo de Carricarte. Ademais de actividades lúdicas e formativas, a oferta complétase coa posibilidade de optar a servizo de almorzo e comedor (ademais de horario especial para ‘madrugadores’).

Está previsto, segundo as propias peticións feitas polas familias dos e das menores durante o período de inscrición, que durante a primeira quenda de Campacole , que vai dende o 26 ao 30 de xuño, participen un total de 349 escolares, dos e das cales 57 resultaron beneficiarios de bolsas. Na segunda quenda, do 3 ao 7 de xullo, prevese que acudan 327 escolares, sendo 56 perceptores de beca, mentres que a terceira quenda de actividades, do 10 ao 14 de xullo, contará con 308 escolares, 55 deles con bolsa. O Campacole non é o único programa posto en marcha por Xustiza Social este verán de cara a favorecer a conciliación. Entre o 3 de xullo e o 31 de agosto terán lugar os campamentos urbanos, que se desenvolverán nos centros cívicos da cidade e nos que se ofertarán prazas para un total de 2.751 menores.

“A nosa intención é ofrecer unha serie de programas que poidan ser complementarios, lúdicos e á vez formativos que sirvan para poder conciliar á vida persoal das familias coa laboral. Intentamos axustar o máis posible o prezo destas actividades aínda que, non obstante, existen bolsas que atenden ao nivel de renda das familias”, destacou Cameán, quen tamén incidiu en que “estas actividades buscan que ninguén quede atrás, polo que estes programas tamén están abertos a alumnado con necesidades especiais”, salientou. “O Goberno local da Coruña intenta dar respostas a toda a cidadanía preocupándose por cuestións que o PP obviouse sempre por completo. A conciliación non pode depender dos cartos dunha familia”, salientou.

O Goberno local abre a próxima semana os prazos de preinscrición nos campamentos infantís de verán dos centros cívicos

junio 7, 2017 CAMPAMENTOS No Comments

O Concello abre o próximo 15 de xuño o prazo de preinscrición para os campamentos de verán municipais da Concellería de Xustiza Social e Coidados, que inclúen os campamentos urbanos, os campamentos de día e os campamentos tradicionais, e que se celebrarán entre o 3 de xullo e o 31 de agosto. En total, a oferta componse de 2.751 prazas, das que a área que dirixe Silvia Cameán reserva un 20% en cada unha das tres modalidades para destinalas a menores beneficiarios dos servizos sociais e, do mesmo xeito, cada quenda inclúe prazas para menores con Necesidades Educativas Especiais (NEE). Ademais, a oferta municipal de actividades infantís de verán nos centros cívicos completarase, entre os días 26 e 30 de xuño, co programa sociocultural Embárriate, que se desenvolverá en 19 centros cívicos da cidade e que está dirixido para menores que naceron entre 2005 e 2013 e empadroados na Coruña, cunha proposta que xira arredor dos barrios, cunha perspectiva lúdica e artística.

En canto aos campamentos, desde o día 15 e até o 17 de xuño será posible realizar a preinscrición nos campamentos urbanos dos centros cívicos, dirixidos a nenos e nenas nadas entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2013. As persoas interesadas deberán acudir no prazo fixado ao centro cívico ao que se desexe optar, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas. Esta tipoloxía de campamento, que constará de catro quendas, desenvolverase a partir do 3 de xullo, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas, e coa posibilidade dun horario ampliado nalgún dos centros cívicos –naqueles onde se ofertan as catro quendas–, para facilitar a conciliación familiar, entre as 09.00 e as 14.30 horas. A oferta inclúe 2.155 prazas, dasque 55 están dirixidas a menores con NEE. O prezo da praza nestes campamentos é de 26 euros para o horario xeral e de 32 euros para o horario expandido. … Leer más

CAMP TECNOLÓGICO ORGANIZA EN A CORUÑA CAMPAMENTOS DE ROBÓTICA PARA APRENDER A CONSTRUIR DRONES, PROGRAMAR VIDEOJUEGOS Y MANEJAR IMPRESORAS 3D

junio 1, 2017 CAMPAMENTOS No Comments

El colegio Salesianos acogerá talleres en verano dirigidos a niños y adolescentes que se introducirán en el diseño de videojuegos, programación con scratch y Minecraft y, a partir de los 12 años, aprenderán a desarrollar y ver cómo se construye un dron, entre otras actividades

Camp Tecnológico presenta su oferta de campamentos de robótica en A Coruña para las próximas vacaciones estivales con el objetivo de promover el interés de los niños y adolescentes por la tecnología y la innovación científica. Dependiendo de las edades, aprenderán a diseñar videojuegos, desarrollar y programar drones y manejar impresoras en 3D, entre otras actividades, que se plantearán teniendo en cuenta tres franjas de edad: Junior (de 7 a 9 años), Genius (de 9 a 12 años) y Expert (mayores de 12 años) con grupos de un máximo de 12 alumnos. … Leer más

A OMIC ofrece 160 prazas gratuítas para a súa Escola de Verán 2017, un programa educativo infantil que terá lugar en xullo e agosto

mayo 14, 2017 CAMPAMENTOS No Comments

A Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC) abrirá o próximo 3 xullo a súa nova programación educativa para o verán co programa educativo Escola de Verán 2017, dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 10 anos, menores nacidos entre 2007 e 2013 e que estean empadroados na Coruña. A actividade, de carácter gratuíto, desenvolverase ao longo dos meses de xullo e agosto, de luns a venres en horario de mañá, entre as 09.00 e as 13.30 horas, a través de catro quendas temáticas, cada unha das cales contará con dous grupos separados por idades –grupo A, de entre 4 e 6 anos e grupo B, de 7 a 10–. A primeira das quendas, entre o 3 e o 14 de xullo, está centrada no consumo e novas tecnoloxías, e dirixida a facilitar ferramentas que garantan a adopción de bos hábitos de seguridade, contribuíndo a que as usuarias e usuarios sexan máis conscientes da súa propia responsabilidade en relación co uso das novas tecnoloxías. A segunda quenda, entre o 17 ao 31 de xullo, aborda o consumo sustentable e solidario, e servirá para analizar bos hábitos de consumo aplicados á ecoloxía e á contorna, ademais de achegar información sobre o comercio xusto e as súas vantaxes. Entre o 1 ao 14 de agosto terá lugar a terceira quenda: Consumo e alimentación, na que se darán a coñecer as novas correntes nos hábitos de consumo, a alimentación equilibrada, a pirámide nutricional, a seguridade alimentaria e a alimentación ecolóxica. A cuarta quenda, sobre consumo e comercio de proximidade, desenvolverase entre o 16 e o 29 de agosto, e encamiñarase a profundar na importancia da compra de barrio, identificando os establecementos e as áreas comerciais locais, así como na súa repercusión na economía das familias, o seu significado e as vantaxes da compra de proximidade.

Entre as 00.00 horas do día 5 de xuño ata as 14.00 horas do día 9 estará aberto o prazo para realizar a preinscrición, que se fará de forma telemática a través da páxina web www.coruna.es/omic . Como indican desde a oficina, todas as preinscricións telemáticas que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas. Nas instalacións da OMIC facilitaranse equipos informáticos para que as persoas solicitantes poidan realizar as preinscricións ou consultas sobre o programa. As prazas adxudicaranse a través dun sorteo, que terá lugar o día 12 de xuño ás 12.00 horas nas instalacións da OMIC, onde se extraerá unha letra para cada quenda. As prazas ofertadas en cada grupo e quenda adxudicaranse pola orde resultante.

O 16 de xuño ás 14.00 horas farase pública a lista das persoas admitidas en cada quenda, tanto na web da OMIC como nas instalacións da mesma. Se quedan prazas vacantes, despois da inscrición dos admitidos chamarase ás reservas pola orde correspondente. A inscrición poderá realizarse entre o 19 e o 30 de xuño, de luns a venres de 08.00 a 13.30 horas nas instalacións da OMIC, na Rúa Costa da Palloza, 8. O cumprimento dos datos restantes realizarase na mesma oficina mediante a presentación da correspondente solicitude escrita. En caso de non formalizarse a inscrición no prazo indicado, a praza quedará libre.

Como sinalan desde este servizo, só se admitirá unha persoa participante por quenda, e só se poderá acceder a outra quenda en caso de que queden prazas vacantes. Se por calquera circunstancia a persoa inscrita non pode acudir deberá comunicar a baixa por escrito cinco días antes do inicio. Finalizado o prazo de inscrición, se quedasen prazas libres, o servizo procederá a chamar á seguinte persoa da lista asignada por sorteo a cada campamento ata cubrir prazas.

Toda a información pode consultarse na web da OMIC, www.coruna.es/omic , ou no teléfono 981 189 820.

CAMP TECNOLÓGICO ORGANIZA EN A CORUÑA CAMPAMENTOS DE ROBÓTICA PARA APRENDER A CONSTRUIR DRONES, PROGRAMAR VIDEOJUEGOS Y MANEJAR IMPRESORAS 3D

mayo 11, 2017 CAMPAMENTOS 2 Comments

Camp Tecnológico presenta su oferta de campamentos de robótica en A Coruña para las próximas vacaciones estivales con el objetivo de promover el interés de los niños y adolescentes por la tecnología y la innovación científica. Dependiendo de las edades, aprenderán a diseñar videojuegos, desarrollar y programar drones y manejar impresoras en 3D, entre otras actividades, que se plantearán teniendo en cuenta tres franjas de edad: Junior (de 7 a 9 años), Genius (de 9 a 12 años) y Expert (mayores de 12 años) con grupos de un máximo de 12 alumnos.

Estos talleres son una alternativa de ocio que permitirá a los escolares iniciarse en los lenguajes de programación de una forma lúdica, al mismo tiempo que desarrollan capacidades como la visión espacial, la creatividad o el trabajo en equipo. Están organizados para su realización en períodos semanales, con campamentos de 20 horas de duración, repartidos en 5 días. Los alumnos trabajarán por proyectos, superando retos diarios, que potencian sus habilidades motoras y cognitivas y permiten perfeccionar competencias como la exposición de argumentos y el compañerismo. … Leer más

Suscríbete a la web por email

Introduce tu correo electrónico para suscribirte a este web y recibir notificaciones de nuevas entradas.